Vigo al minuto

11.000 persoas déronse cita no TerraCeo

Nas actuacións no teito do Mar de Vigo entre maio e setembro

11.000 persoas déronse cita no TerraCeo

Fotografía: Xavi Iglesias/ A cuarta edición do festival TerraCeo concluíu coa asistencia de 11.000 persoas que déronse cita na terraza do Auditorio Mar de Vigo entre maio e setembro.

Así, entre os eventos destacados que se presentaron este ano atópanse, entre outros, o de Arde Bogotá, coa súa mestura explosiva de rock alternativo e letras emotivas. Tinariwen, os mestres do blues do deserto que trouxeron a súa mística musical desde o corazón do Sahara. Depedro, fusionando folk, rock e ritmos latinos. Curtis Harding, considerado un dos grandes nomes do soul e o R&B na actualidade. Julieta Venegas, a aclamada cantautora mexicana. Os incombustibles !!! (Chk Chk Chk) quen é xunto con LCD Soundsystem una as grandes bandas de dance-punk. Ou HARD GZ, un dos expoñentes máis destacados do panorama urbano, que puxo o broche final este pasado sábado coa terraza do Mar de Vigo ata a bandeira.

Por TerraCeo tamén pasaron outras bandas e artistas como La La Love You, Kitty, Daisy & Lewis, María José Llergo ou Pancho Varona, dentro da liña do festival de atraer a artistas de diferentes estilos e xéneros ao Mar de Vigo. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.