Galicia Vigo al minuto

O naval vigués irá á folga se en 15 días a Xunta non convoca á mesa do sector

Logo da morte dun traballador no asteleiro Armón

As tres centrais maioritarias no sector naval da Ría de Vigo anunciaron hoxe que convocarán folga, se nun prazo máximo de 15 días a Xunta non reúne a mesa do sector para abordar as crecentes problemáticas laborais que padecen os cadros de persoal dos estaleiros e das empresas auxiliares.

Precariedade

Este ultimato chega tras anos alertando da cada vez maior precariedade nunha industria que atravesa un profundo proceso de transformación e que no día de onte rexistrou un novo accidente mortal. En resposta, os traballadores paralizaron hoxe a actividade dos estaleiros e percorreron o centro de Vigo para concentrarse diante da Inspección de Traballo. Alí esixiron a adopción de medidas que garanten a seguridade no traballo.

Dúas mortes en menos dun ano

O sinistro no que perdeu a vida un operario dunha empresa auxiliar que traballa para o estaleiro Armón produciuse cando aínda non se cumpriu un ano da morte doutro operario nas instalacións de Cardama, suceso que elevara o ton das queixas sobre as condicións laborais no sector.

«Mais a Xunta e a Inspección demostraron unha vez máis a súa falta de compromiso cos dereitos das
persoas traballadoras, desoíndo as denuncias e non convocando a mesa do Naval”
.

Por iso a CIG, CCOO e UGT optaron hoxe por anunciar unha convocatoria de folga no caso de que non se reúna o sector para abordar as principais problemáticas: precarización, subcontratación; ritmos de traballo elevados; falta de políticas e investimentos en materia de prevención de riscos e xornadas abusivas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.