Destacados Vigo al minuto

Ecoloxistas en Acción denuncia a contaminación acarrexada polos 5 cruceiros recalados onte en Vigo

«Trátase dun turismo de altas emisións»

Ecoloxistas en Acción denuncia a contaminación acarrexada polos 5 cruceiros recalados onte en Vigo

Este martes, cinco transatlánticos atracarán no porto de Vigo con 15.000 turistas a bordo. Para Ecoloxistas en Acción, se ben é certo que «supón un récord histórico nunca visto na nosa cidade», tamén significa «o despregamento a gran escala dun turismo insostible e fortemente agresivo co medio ambiente«

Dende a asociación, apuntan a que, este año, no porto de Vigo se superarán as 100 escalas e os 250.000 pasaxeiros, desbordando os datos dos últimos anos que mediaban 160.000 pasaxeiros e unhas 75 escalas anuais. Con todo, Ecoloxistas en Acción Rías Baixas considera «precupante» este incremento da actividade de cruceiros «por ser incompatible coa protección da saúde e o medio ambiente ao tratarse dun turismo de altas emisións contaminantes (de óxido de xofre -SOx-, óxidos de nitróxeno -NOx- e Partículas ultrafinas)». Tamén por ser unha actividade extractivista polo uso intensivo de recursos naturais como a auga e unha explotación industrial que causa enormes impactos sobre as poboacións destinatarias, así como aos ecosistemas litorais e mariños como os frecuentes alcances a cetáceos.

Zona de Baixas Emisións

Os ecoloxistas lembran que o peirao de trasantlánticos atópase situado nunha área que está previsto sexa incluída nunha Zona de Baixas Emisións, en cumprimento da Lei de Cambio Climático, «polo que esta actividade altamente emisora é incompatible con esta declaración».

Por todo, insisten na necesidade da declaración do Atlántico Norte como Zona de Control de Emisións (ECA), é dicir: zona de control de emisións tanto de óxidos de xofre como óxidos de nitróxeno e partículas, tal como se fixo co SOx recentemente co mar Mediterráneo.

‘Maquillaxe verde’

Asi mesmo, Ecoloxistas en Acción denuncia «a operación de maquillaxe verde dos cruceiros e os portos con falsas solución tecnolóxicas como o gas natural licuado, o biometano ou o hidróxeno verde, que ademais de ser inviables, terían enormes impactos climáticos, sociais e ecolóxicos», sinala Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas da asociación.

Ampliación dos peiraos mediante recheos

Expresan, ademais, o seu rexeitamento aos plans de ampliacións de peiraos mediante recheos no mar, como os anunciados pola Autoridade Portuaria de Vigo. Así mesmo instan ás administracións autonómicas e locais a situarse ao lado da cidadanía e o interese común, en virtude das súas competencias sobre medio ambiente, saúde e turismo,empregando todos os medios dispoñibles para oporse ás ampliacións portuarias e ao turismo de cruceiros nas nosas cidades. 

Risco para a saúde

Seguindo con este fío, non teñen dúbida de que o turismo de cruceiros é unha actividade que pon en risco a calidade de vida e a saúde do planeta. Tamén «xera enormes desigualdades nun contexto de fonda crise ecosocial e enerxética, que só favorece os catro oligopolios que controlan o mercado global e que acumulan beneficios astronómicos cada ano a costa da evasión fiscal, a saúde, o planeta e a explotación laboral». Asemade, fan un chamamento especial á cidadanía para que tomen conciencia dos impactos do turismo de cruceiros e en xeral do turismo de masas baseado na hipermobilidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.