Comarcas Vigo al minuto

Chega ‘Louro Valley Festival’ ao Porriño, con Juan Magán como cabeza de cartel

Actuará do venres ao sábado, ás 00:30h. no recinto da rúa do Progreso

O Porriño acollerá este venres 22 de setembro unha nova edición dun dos eventos musicais estrela das Festas do Cristo: o Louro Valley Festival

Unha vez máis, o festival chega cun cartel de luxo encabezado polo DJ e produtor, Juan Magán. Xunto a él os locais Groove Amigos, Traffic House, Samu Pexe, Pitty e Khris Guez. Tamén B2B, Marcos Gramola DJ Mus, Raper e BROKKT… algúns deles impartiron hoxe unhas clases de DJ a máis de cen escolares.

Unha presentadora de 98 anos

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polos djs locais que participarán e polos nenos e nenas, desvelou hoxe outro dos grandes protagonistas da noite. Trátase da madriña do evento, a porriñesa Juana da Cruz, que aos seus 98 anos será a encargada de presentar a actuación de Juan Magán.

“Para min, e para todo O Porriño, é unha verdadeira honra que Juaniña participe deste evento e sexa quen suba ao escenario a presentar un dos actos estrela da programación das festas do noso pobo”, apuntou Lorenzo, puntualizando que “Juaniña disfrutou moito do Negrita Music Festival e agardo que este sexa para ela aínda máis especial”.

O Louro Valley desenvolverase no recinto da rúa Progreso e a entrada é gratuíta. As portas abriranse ás 20:30 h e o concerto de Juan Magán dará comezo ás 00.30 h.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.