Comarcas Vigo al minuto

A última redeira de Panxón

A vida de película de Rosalía González, nun documental

O Concello de Nigrán ven de estrear en redes o derradeiro documental da triloxía ‘Nigrán na Memoria’, o correspondente a Rosalía González, representante da última xeración de redeiras de Panxón. Anteriormente foi o de Rosa ‘de Malde’, única muiñeira de Camos en activo, e o de Esther Nande, a única campaneira do Val Miñor e a cargo da igrexa de Santiago de Parada.

A curta, de 20 minutos de duración está pendurada, tamén na web do Concello www.arquivoaudiovisualnigran.org, creada no 2021 co obxectivo de recuperar e preservar o pasado máis recente do municipio e, por outra banda, difundilo.

Neste sentido, o Concello ten estreado tamén este ano ‘A memoria da auga’, outro documental de relatos sobre a singular actividade muiñeira na parroquia de Chandebrito

O Concello traballa xa na gravación de novas curtas de persoalidades do municipio que representan un oficio de antano ou tradición e está aberto a propostas no correo [email protected]

94 anos mirando ao mar

Rosalía González, de 94 anos, pertencente a unha gran familia mariñeira con ancestros que nin coñeceron os barcos a motor e representa á última xeración de redeiras de Panxón. «Empecei con 17 anos. Encantábame traballar na rede. Éramos só mulleres e íamos tamén a Baiona, Canido ou Saiáns, e todo andando», indica mentras enumera os diferentes barcos e os seus patróns ou as diferentes artes de pesca que existían entón e para que servían.

«Hoxe en día xa se ocupan os mesmos propietarios de atar as redes», explica Rosalía, quen todavía lembra «o grande que era a Praia de Panxón», onde se sentaba a traballar de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 e practicamente todo o tempo cantando. «Pasabamos moito frío e moito calor, era duro», e esta dureza multiplicábase co seu home no Gran Sol durante meses e ela soa a cargo dos fillos.

«Non estivo presente nos nacementos e cando chegaba a terra os críos lle escapaban porque non o coñecían». Rosalía tivo que compaxinar o traballo de redeira con outros oficios, como mariscar longueirón e cadelucha en Panxón e croques en Lourido. «Despois da Guerra todo foi moi duro pero había moito peixe que nos salvou da fame, o comiamos á brasa porque nin para aceite tiñamos», rememora.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.