O Concello de Mos informa de que, debido á choiva pronosticada para o próximo domingo 17 de setembro, adíase o 1º Mercado Aberto ‘Queda en Mos’ programado orixinalmente para esa data.
Deste xeito, co aprazamento, preténdese garantir que este evento sexa unha experiencia o máis agradable, fructífera, confortable e divertida tanto para público e visitantes, como para expositores, comerciantes e artistas convidados.
‘Queda en Mos’ levarase a cabo o domingo 1 de outubro no mesmo lugar e horario previamente anunciados.