Vigo al minuto

Paul Weller encabeza o Underfest SON Estrella Galicia, o venres e sábado en Vigo

Haberá 14 concertos ao longo de toda a cidade

Paul Weller encabeza o Underfest SON Estrella Galicia, o venres e sábado en Vigo

O británico Paul Weller encabeza o cartel deste ano do Underfest SON Estrella Galicia, evento musical que converterá Vigo nun gran escenario ao distribuír os 14 concertos por diferentes recintos. Así, o Museo Marco, o Auditorio Mar de Vigo ou as salas Masterclub e La Iguana Club son algúns dos espazos que acollerán os concertos entre este venres e o sábado.

Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), quen participou esta mañá na presentación do Underfest xunto a Raquel Seijo e David lago, responsables de Sweet Nocturna, promotora do festival, salientou «o atractivo e o perfil internacional deste encontro, que lle brinda ao público vigués unha cita musical de primeiro nivel”.

Apertura no Marco

O Underfest abrirá a súa programación o venres ás 18,30 h no Panóptico do Museo Marco con Sam Amidon, cantante estadounidense referente do folk-rock; e continuará unha hora despois no propio centro expositivo situado na rúa Príncipe con Queidem, artista valenciano que presenta o seu álbum debut: ‘Evitaremos todo mal’.

A Sala Kominsky recibirá o trío indie-rock Ciel ás 20,15 h, e La Iguana Club acollerá o dúo británico Blood Red Shoes ás 21,00 h. A primeira xornada rematará da man de PVA, que grazas ao seu primeiro disco Blush é un referente no circuíto de clubs londiniense.

Sábado, 16

O segundo día do festival continuará coa actividade da man coa artista ecuatoriana La Torre no Marco ás 18,00 h. e dúas horas despois, ás 20,00 h, o Auditorio Mar de Vigo recibirá a Paul Weller, o lendario músico británico cuxa ampla traxectoria comezou a finais dos setenta ao fundar bandas como The Jamp.

La Élite, formación catalá que ofrece un directo moi eléctrico e irreverente, actuará en La Iguana CLub ás 22,30 h, mentres que o dúo español _Juno fará o propio ás 20,45 h na Radar. A banda andaluza Los Mejillones Tigre arribará á Kominsky ás 22,30 h. Ao fío da media noite, Alex Silva estará en Radar Estudio e o trap con sons tropicais de Mueveloreina, resoará na Mogambo. Yung Prado, á unha da madrugada, porá o broche aos dous días de festival na sala Radar.

Entradas

As entradas para os diferentes concertos que aínda contan con localidades dispoñibles atópanse á venda na páxina web de Underfest. Os abonos para o programa completo están esgotados xa, como a entrada conxunta para os concertos do sábado.

Exposición

Underfest achégalle ao público actividades máis alá do apartado de actuacións musicais. Sen ir máis lonxe, o festival inaugura este mesmo mércores, como aperitivo ao cartel, unha exposición na Galería Maraca, espazo que acolleu hoxe a presentación aos medios. Baixo o título Rock’ink Gig Poster Show, a mostra recompila obras de dez dos cartelistas máis recoñecidos do país, entre os que se atopan galegos como Rubén Suárez. Para a inauguración, cóntase co concerto de Henry Warrington.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.