Deportes Vigo al minuto

Curso para obter a licencia de navegación

Mira como podes inscribirte

A Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello do Rosal e co Club Náutico Inclusivo Baixo Miño, impartirá un curso para obter a licencia de navegación, a titulación que permite gobernar motos náuticas sen limitación de potencia e embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e unha potencia de motor axeitada segundo a empresa fabricante. 

Inscrición

As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] ou chamando ao teléfono 986 62 50 00. En canto haxa conformado grupo, o Concello porase en contacto con todas as persoas participantes para establecer día e hora da formación.

O curso, que será de balde, consistirá nunha parte teórica que se impartirá en instalacións municipais e noutra prácticas que se desenvolverá no río Miño pola zona do Rosal e que contará cunha embarcación adaptada para aquelas persoas inscritas con mobilidade reducida.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.