Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Covelo pide colaboración para evitar problemas na recollida do lixo

Lembra que hai un servizo municipal gratutíto Punto Limpo

O Concello de Covelo solicita a colaboración da cidadanía para un uso máis responsable dos contedores de lixo: o goberno local lembra que existe un servizo municipal gratuíto no que depositar os enseres domésticos, Punto Limpo.

Non restos de obras

Así, dende o Concello informan da importancia de non depositar restos de obras; mobles; colchóns; ferramentas ou utensilios vellos que soen atoparse nos contedores de lixo. Polas súas característicias e dimensións, non deben deixarse nos contedores de lixo: os enchen e non deixan espazo para depositar os restos diarios.

Ademáis, advirten de que este mal uso dos contedores provoca contínuas avarías no camión da recollida de lixo imposibilitando un servizo axeitado cada vez que o camión debe ir ao taller. Os entullos resultantes das obras son os principais causantes das roturas do sistema hidráulico de elevación dos contedores.

Punto Limpo

Nesta liña, o goberno local lembra que a cidadanía dispón dun Punto Limpo ubicado xunto á residencia de maiores, que abre cada sábado en horario de mañá, de 09:00 horas a 13:00 horas. Trátase dun servizo gratuíto no que os particulares poden deixar todo aquelo que xa non precisen e que non ten cabida nos contedores de recollida de lixo doméstico.

Ademais, para aquelas persoas que non estean en disposición de desprazarse ao Punto Limpo Municipal, existe a posibilidade da recollida a domicilio (únicamente para empadroados en Covelo). Previamente deberán solicitalo nas oficinas do Concello de xeito presencial ou telefónico. Nesta ligazón poden obter información sobre o Punto Limpo de Covelo.

Contedores de reciclaxe

Asi mesmo, as veciñas e veciños de Covelo dispoñen de contedores amarelos para plásticos e briks e contedores verdes para os restos domésticos así como os iglús verdes para vidro nas parroquias. Ademais, no centro urbano hai un colector téxtil para roupa e calzado xunto ao pavillón deportivo; contedores azuis para cartón e papel; contedor de aceite de cociña e contedor de recollida de pilas, en distintos puntos do centro urbano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.