Comarcas Vigo al minuto

O Concello do Porriño inicia as obras da nova ‘Aula de Estudio’

Abrirá en outubro na rúa Antonio Palacios

O Concello do Porriño inicia as obras da nova 'Aula de Estudio'

O Concello de Porriño abrirá en outubro a nova aula de estudio, na rúa Antonio Palacios. Os traballos de acondicionamento deste baixo, de 207,65 m2, próximo á casa consistorial, en pleno casco urbano, deron comezo esta mesma semana e prevense que estean finalizados no prazo dun mes, como confirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, nunha visita na que comprobou o estado da obra. Asi, o orzamento destinado a esta actuación é de 139.830 euros.

Obras

Na actualidade, o local está lóbrego, polo que a empresa concesionaria ten que realizar unha serie de obras de adaptación. As mesmas consistirán na formación das divisións do local interior para dispoñer dunha zona de local multiusos e dous aseos. Isto supón: pavimentos, albanelaría, carpintería, illamento, pintura. Ademais, deberán executar traballos na  fachada; así como as instalacións de fontanería; saneamento; ventilación; climatización e electricidade.

Lorenzo explica que “unha vez aberta a aula, instalarase un sistema de acceso libre e gratuíto, controlado mediante tarxeta con porta automatizada. Estará aberta ao público todos os días da semana, en horario de mañá e tarde, e con reforzo en época de exames”.

Recuperación das instalacións da Escola de Música

A actuación beneficiará tamén á Escola Municipal de Música, que volverá ás que foron sempre as súas instalación no centro cívico, na Avenida Domingo Bueno.

Hiai tres anos que, «por decisión do anterior goberno», todo o alumnado da escola reubicouse en aulas do multiusos de Torneiros, o lugar menos apropiado para impartir ensinanzas con prácticas musicais, pois o edificio está destinado a accións formativas e de emprego, e o son dos diferentes instrumentos non é compatible coa actividade que alí se realiza, sendo unha molestia para o desenvolvemento dos cursos que se realizan”, explica Lorenzo.

Dada a situación, “consideramos unha prioridade sacar a Escola de Música do multiusos de Torneiros e que volvera a onde sempre estivo, no Centro Cívico, obtendo así o máximo partido a ambas instalacións”. Consecuentemente, a aula de estudio localizada no Centro Cívico debía trasladarse a outro lugar, de aí a idea de habilitar este novo espazo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.