Vigo al minuto

O ‘Colegio Hogar Afundación’ inicia o novo curso coas súas aulas cheas

O ano pasado superou o 80% de empregabilidade

O Colegio Hogar Afundación de Vigo comezará en setembro un novo curso académico. Nel impártense un total de 9 titulacións de ciclos formativos, seis de grao medio —Preimpresión dixital, Impresión gráfica, Soldadura e caldeiraría, Mecanizado, Instalacións eléctricas e automáticas e Instalacións de telecomunicación— e tres de grao superior —Programación da produción en fabricación mecánica, Automatización e robótica industrial e Mantemento electrónico—.

Máis do 80% de empregabilidade

Así, os responsábeis do centro subliñan que o grao de empregabilidade dos ciclos durante o pasado curso foi especialmente revelador da «altísima aceptación da formación profesional no mercado laboral», cunha porcentaxe que rolda o 80,5 %. Isto supón que un total de 137 estudantes tiveron a oportunidade de completar a súa formación con prácticas en centros en traballo grazas á colaboración de 107 empresas, «que realizaron unha moi boa valoración dos estudantes en prácticas».

Actividades, promoción, voluntariado

Ademais, no curso que finalizou, organizáronse no diversas actividades que complementan a súa oferta académica como a «XVI edición da Semana Técnica do Colexio Hogar»; ademais de accións de voluntariado como as campañas de doazón de sangue; recollida de alimentos ou labores de voluntariado ambiental.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.