Deportes Vigo al minuto

Homenaxe en Vigo aos campións mundiais xuvenís de balonmán

Carlos Ocaña e Alberto Delgado, xogadores do Club Cisne

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, presidiu esta mañá o acto de homenaxe da institución provincial aos recentes campións mundiais xuvenís de balonmán. Así, a sede de Vigo foi o escenario da recepción ofrecida aos xogadores da selección Carlos Ocaña e Alberto Delgado, que militan no Club
Cisne, así como aos membros do corpo técnico formado por Javier Fernández, ‘Jabato’, adestrador da selección e tamén do club pontevedrés; a delegada do equipo nacional Carla Abad e o médico Ángel Quirós.

Fito histórico

Todos eles recibiron de mans da vicepresidenta unha placa conmemorativa do seu logro, que Fernández-Tapias louvou como un fito histórico. “Esta provincia –subliñou- segue engrosando o seu palmarés deportivo demostrando cada día que é un gran referente e que hai canteira. Os vosos triunfos son tamén os triunfos de toda Pontevedra. E este ouro é unha proba máis da importancia de apostar pola base no deporte”.

Primeiro título internacional

Marta Fernández-Tapias felicitou aos xogadores polo seu primeiro título internacional e ao staff polo título conseguido coa selección despois do campionato europeo acadado no 2022. “Con unión, traballo e valores tedes conseguido un tándem perfecto que está a dar os seus froitos”, destacou a vicepresidenta, que tamén incidiu no “enorme esforzo” que están a facer os clubs da provincia, como é o caso do Cisne, no día a día deste deporte e na aposta pola canteira. “Estou convencida –engadiu- de que o balonmán é pedra angular do éxito do deporte na nosa provincia grazas ao traballo de todos os que estades implicados no seu desenvolvemento e promoción”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.