Destacados Vigo al minuto

A Deputación ultima os traballos de mellora da estrada do Vao en Vigo

Contan cun orzamento de 265.000 euros

O Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde á ampliación do prazo para executar as obras que a institución provincial está a realizar na estrada do Vao (EP-2003), en Vigo. O vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, informou de que “esta actuación é de vital importancia para este goberno xa que nos preocupa moito o mantemento en óptimas condicións das nosas infraestruturas viarias”. Na actualidade os traballos están moi avanzados, e coa aprobación da ampliación do prazo de execución estarán rematados en cinco meses, un mes máis dos catro previstos en inicio.

1,6 quilómetros

«As obras de mellora das interseccións e acondicionamento na contorna da estrada do Vao suporán a transformación integral desta infraestrutura provincial en termos de sostibilidade e seguridade». Así, a Deputación dedica 256.000 euros á actuación, que afecta o total do trazado da vía, de 1,6 quilómetros de lonxitude. En concreto, as obras consistirán na mellora da accesibilidade peonil e a seguridade viaria da estrada.

Ademais, redistribúese o espazo para garantir a prioridade peonil; mellórase o pavimento das beirarrúas; adecúanse as interseccións con outras vías mediante pavimento táctil, e tamén as interseccións con elementos singulares como a fonte e o lavadoiro presentes ao longo do seu trazado. As obras tamén inclúen a creación de novas zonas de descanso, que se dotan de novo mobiliario e a plantación de árbores de sombra como cereixos en flor ou similares.

Pasos peonís

Na estrada do Vao tamén se están a executar novos pasos peonís para asegurar a plena continuidade e seguridade na estrada, e mellórase a capacidade e accesibilidade do espazo peonil próximo aos servizos da zona (como a Oficina Municipal do Distrito, os comercios, o Colexio Divino Salvador ou o centro de saúde, entre outros). Do mesmo xeito, renóvanse os rasantes e os pavimentos, execútanse alcorques transitables; píntanse as columnas de alumeado público; retranquéanse os postes, mellórase a regulación dos semáforos e renovarase a sinalización para adaptala á nova ordenación da estrada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.