Destacados Vigo al minuto

Sen cobertura de permisos médicos área sanitaria Vigo

Nos PACs de Cangas, Val Miñor, Ponteareas e Vigo

Sen cobertura de permisos médicos área sanitaria Vigo

CIG-Saúde vén de denunciar que non se suplen os permisos médicos nos PACs de Cangas, Val Miñor, Vigo e Ponteareas. “Esta situación é preocupante porque se trata dun servizo esencial que precisa o 100% dos seus efectivos para unha adecuada asistencia”, sinalan dende o sindicato. Ademais, subliñan os representantes sindicais, no caso de Cangas e Val Miñor son centros que se viñan reforzando con máis persoal no verán dado o aumento de poboación que se producen nas localidades as que dan asistencia, por ser destinos turísticos.

Tampouco as prazas estructurais

A falta de persoal por permisos e vacacións súmase a que non están a totalidade das prazas estruturais cubertas a efectos de “deixar horas para os contratos de FEAP (Facultativo Especialista de Atención Primaria) ” unha nova modalidade de contrato que realiza dobre prestación en Consulta e PAC.

A asistencia con menos persoal do que correspondería está a supor un aumento importante da carga de traballo para o persoal que atende urxencias e con prestación de 17h entre semana e 24h en domingos e festivos.

Por iso solicita que se cubran as prazas estruturais en todos os PAC, que se busquen solucións para a cobertura das ausencias, máis cando se tratan de servizos de atención urxente, e que se busquen alternativas para fidelizar ao persoal residente que se forma na Área Sanitaria.

También te puede interesar