Vigo al minuto

O BNG solicita todas as ‘cartas de interese’ enviadas polo Concello a promotoras de concertos, dende 2022

Ante as «falsedades» en relación coa actuación de Guns N’Roses

O BNG solicita todas as 'cartas de interese' enviadas polo Concello a promotoras de concertos, dende 2022

O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar o acceso a todas as ‘Cartas de interese’ enviadas polo Concello de Vigo a promotoras artísticas dende o pasado 1 de xaneiro de 2022. Así o anunciou este mércores o seu portavoz municipal. Xabier P. Igrexas asegurou que esta solicitude está motivada polas «continuas falsidades e mentiras» do Goberno local en relación ao concerto de Guns N’ Roses.

«Irregular e frustrado patrocinio publicitario»

«Facémolo no obxectivo de seguir avanzando no esclarecemento profundo do sucedido no irregular e frustrado proceso de patrocinio publicitario da actuación da banda estadounidense», subliñou Igrexas. Así, dende o Bloque retan desta forma ao Goberno municipal a demostrar que se enviaron outras cartas de interese, tal e como afirmou repetidas veces o voceiro socialista, Carlos López Font, para tentar xustificar que non existía un preacordo coa promotora de Guns N’ Roses e que estas misivas se tratan dun procedemento habitual.

«Por iso queremos coñecelas todas e o seu contido», salientou o portavoz do BNG de Vigo. Nese sentido, lembrou como o propio Font negou nun primeiro lugar a existencia dunha carta de interese para, posteriormente, asegurar que se trataba dun documento xenérico e sen compromisos concretos. Afirmacións que, subliña o responsable local do Bloque, «tras facer pública o BNG a misiva enviada á promotora Sweet Nocturna, quedaron en evidencia como falsidades para encubrir todo o sucedido». Así, o documento contiña datos específicos sobre o concerto de Guns N´ Roses e o importe a pagar, e foi emitido malia as advertencias da Asesoría Xurídica do propio Concello.

4.300 páxinas de documentos municipais relacionados co concerto

Igrexas avanzou que esta solicitude é «un paso máis» dentro do proceso de análise en detalle das case 4.300 páxinas de documentación municipal relacionadas coa actuación da banda estadounidense e o patrocinio publicitario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.