Comarcas Vigo al minuto

Bonificacións de ata o 95% no ICIO e IAE a autónomos e empresarios que «aposten polo Porriño»

Para promover a instalación e fixación de empresas

Os autónomos e empresarios que aposten polo Porriño para desenvolver a súa actividade produtiva poderán beneficiarse de bonificacións de ata o 95% no Imposto de Actividades Económicas (IAE) e sobre Contrucións, Intalacións e Obras (ICIO).

Así, o Goberno Municipal levou a Pleno este luns a modificación das dúas ordenanzas fiscais que regulan estes impostos, co fin de «promover a implantación e fixación de empresas no municipio e impulsar a actividade económica». Unha vez aprobadas inicialmente en sesión plenaria, co único voto a favor do Goberno Municipal, estes acordos levaranse a exposición pública para poder aprobarse definitivamente e entrar en vigor.

IAE

No tocante ao Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) inclúese unha bonificación 35% da cota ás empresas que utilicen ou xeneren enerxía renovable; un 40% ás que instalen puntos de recarga para vehículos eléctricos e bonificacións de ata un 95% para aquelas que creen emprego (95% para as que impulsen máis de 20 postos de traballo, 75% entre 11 e 20 e 50% para os que creen ata 10 postos de emprego).

ICIO

Respecto do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras aplicarase unha bonificación do 95% da cota ás obras que sexan declaradas de “Especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego”; do 50% pola posta en marcha de proxectos empresariais de interese municipal e do 30% para a instalación de aproveitamento térmico ou eléctrico de enerxía solar, que será do 95% no caso de uso residencial.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.