Vigo al minuto

O Concello de Vigo excluido do Programa Platea e da Rede Galega de Teatros

En risco a programación cultural para o que resta deste 2023

O Concello de Vigo excluido do Programa Platea e da Rede Galega de Teatros

O Bloque Nacionalista Galego alerta dun «golpe letal» para o programa Vigo Cultura polo que cualifica de «nefasta» xestión do Goberno municipal. Así o denunciou este mércores o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que advertiu de que o Concello de Vigo foi excluído do Programa Platea, dependente do Ministerio de Cultura, e da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que xestiona a Axencia Galega das Industrias Culturais, «o que pon en risco a programación cultural municipal para o que resta deste 2023″.

Risco para as actividades no Auditorio Municipal

«Esta exclusión ameaza de morte o programa Vigo Cultura, o único programa municipal estábel de artes escénicas», subliñou Igrexas, que asegurou que a cidade corre o «risco» de que non se poida realizar ningún tipo de actividade, evento ou acto de representación cultural no Auditorio do Concello nos últimos meses do ano.

Diante desta situación, o Bloque rexistrou formalmente un escrito para esixir explicacións do alcalde e que «dea conta en detalle» das causas que motivan esta exclusión «sen precedentes» na historia da cidade. Ademais, o BNG reclamou acceso íntegro á documentación municipal relacionada con esta xestión.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.