Comarcas Vigo al minuto

Nigrán inicia a contratación da recollida do lixo cun custo de 33 millóns en 10 anos

Será o contrato con maior dotación económica na historia do Concello

O Goberno de Nigrán levará ao Pleno ordinario deste mércores o inicio do expediente de contratación do futuro servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. Tras case tres anos prorrogado a Cespa-Precero, os novos plegos pasarán dunha concesión de 16 anos por 26 millóns de euros a unha adxudicación de servizo con valor máximo de 32,9 millóns de euros e 10 anos de duración sen dereito a prórroga. Este será o contrato con maior dotación económica na historia do Concello.

Máis colectores, recollida urbana e novos vehículos

Segundo subliñan dende o Concello, a cidadanía notará o cambio desde o mesmo momento en que se estree a concesión. Será así porque se estipula que a empresa realice un investimento inicial de 3,4 millóns de euros para aumentar nun 20% o número de contedores e renovalos todos. Ademáis, incorporará a recollida orgánica para a hostalaría (irá extendéndose progresivamente a toda a veciñanza) e deberá ter, obrigatoriamente, unha flota de vehículos e maquinaria totalmente nova.

Asi mesmo, subliñan dende o Goberno local, o plego beneficiará aos residentes dos diferentes SAUs ou a Porto do Molle, zonas que non tiñan cabida coa concesión actual (entrou en vigor nese ano). «O vindeiro contrato ten visión de futuro no seu plantexamento, cubrirá todo o territorio independentemente do desenvolvemento urbanístico que experimente Nigrán nos próximos 10 anos», subliña o alcalde, Juan González.

Dúas brigadas: de limpeza urbana e no rural

Por último, o rexedor engade que a veciñanza tamén notará a mellora na calidade do servizo grazas á creación por vez primeira de dúas brigadas adicadas en exclusiva á limpeza urbana (viaria, de marquesinas ou pavimentos) cun máximo 22.000 horas ao ano e outra rural para a recollida de podas, desbroces, etc.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.