Galicia Vigo al minuto

Hoxe agárdanse churracos en Covelo

Con carnes do Suído e costela de porco

Este martes, que ademáis do Día Nacional de Galicia é o patrón de Covelo, nove locais de hostalaría servirán churrasco a prezo reducido…coincidindo coa XLII Festa do churrasco.

Un ano máis, poderase degustar as carnes do Suído e a costela de porco nos bares e restaurantes colaboradores, mesmo prezo que no Campo da Feira, onde se celebra a tradicional festa gastronómica. Os locais onde poderemos gozar dunha boa tallada son: bar Sebastián en Barcia de Mera; tapería O Buraco de Covelo;  o Lugar dos Devas en Cernadela, Godóns; restaurante da casa cultural da Graña; o bar La Graña; bar Lemos na Hermida; o bar Cuartel na Lamosa e os bares Río Tea e Plaza en Maceira.

A 6 euros

As empresas colaboradoras respectarán os prezos establecidos polas bases da XLII edición da Festa de 6 euros como máximo, mantendo o prezo durante todo o día, aplicado só para os produtos entregados polo Concello a cada establecemento. Cada local adherido recibirá 21 kg de carne de porco, 21 kg de carne de tenreira e 7’5 kg de chourizo criollo.

“Tendo en conta que este evento constitúe un factor determinante para o desenvolvemento económico e social do concello abrimos sempre unha vía de colaboración non só para dar un servizo axeitado e responder á demanda de todo tipo de visitantes e participantes tamén para promocionar os locais de hostalaría e empresas locais colaboradoras ás que lle facilitamos de xeito gratuíto a carne do churrasco”, explica o alcalde Pablo Castillo.

Pola súa banda, os establecementos participantes comprométense a ofrecer a posibilidade de realizar reservas durante a Festa do Churrasco e quendas de comidas, así como de recollida da comida para levar. Así mesmo, deberán informar ó público do horario no que darán o servizo nun lugar ben visible en cada un dos establecementos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.