Deportes Vigo al minuto

O Aquagym, de moda

O Concello de Mos impulsa o programa ‘Exercítate no verán’

A concelleira de Deportes do Concello de Mos, Feli Rodríguez, informou hoxe de que hai un xa 60 inscritos nas clases de Aquagym organizadas desde o programa municipal ‘Exercítate no verán’ que se leva a cabo na piscina ao aire libre de San Eleuterio.

Alí é onde están organizadas estas clases, de balde, en grupo dous días á semana: martes e xoves de 11 a 11.45 horas (30 participantes) e mércores e venres de 11 a 11.45 horas (30 participantes).

Piscina municipal

O pasado 1 de xullo, abriuse ao público a piscina municipal pública ao aire libre de San Eleuterio. A entrada á mesma é totalmente libre e gratuíta cun horario ininterrompido de 11 a 21 horas de luns a venres e as fins de semana (sábado e domingo) e festivos de 12 a 20 horas.

As instalacións contan con servizo de socorrista durante todo o horario de apertura, vestiarios e duchas con auga quente, e servizo de limpieza e mantenimiento durante os dous meses de verán. Os usuarios e usuarias poderán gozar da piscina de San Eleuterio durante os meses de xullo e agosto.

Ademais, dende o pasado mes de maio atópanse operativos e abertos ao público os parques de auga municipais. Os Parques da Auga da Pesqueira e de Sanguiñeda están activos todos os días en horario de mañá de 12 horas a 14 horas e de tarde de 16 horas a 21 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.