Destacados Vigo al minuto

O alcalde «segue sen facilitar» acceso aos expedientes sobre Guns N’Roses

O BNG volverá a dar traslado deste feito á Valedora do Pobo

El Gobierno local propone ampliar otros 3 meses la tramitación del Plan Xeral

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar publicamente que o Goberno municipal de Vigo continúa sen facilitarlle acceso a toda a documentación e expedientes municipais relativos ao concerto de Guns N’ Roses, ademais do frustrado concurso público para o seu patrocinio publicitario por parte do Concello.

«Opacidade e obstrucionismo»

Xabier P. Igrexas, Portavoz municipal do BNG, considera «extraordinariamente grave» que o executivo de Abel Caballero insista na «opacidade e obstrucionismo» ao non ter inda atendido a solicitude de acceso íntegro a todos os expedientes municipais relativos ao concerto. No concreto, Igrexas, denunciou que o Goberno municipal volve «incumprir ilegal e descaradamente o Regulamento Orgánico do Pleno», ao non ter atendido a solicitude que reiterou o pasado 11 de xullo.

O ROP estabelece no seu artigo 9.4 que as solicitudes de información e documentación municipal deben ser «resoltas e materializadas no prazo de cinco días naturais» desde a súa solicitude, prazo que rematou este domingo.

Houbo acordo previo?

Do mesmo xeito, apunta o voceiro do Bloque, o Goberno local tampouco informou, como se lle requiriu expresamente e é legalmente obrigatorio, sobre se existiu ou non un preacordo coa promotora do concerto previo ao frustrado concurso público para adxudicar un patrocinio publicitario de case 2 millóns de euros.

«Caballero non está só a vulnerar os dereitos fundamentais dos concelleiros e concelleira do BNG, senón que o que é máis grave está impedindo que se coñeza a verdade do sucedido en relación co concerto de Guns N’ Roses, cando existen clarísimos indicios de irregularidades e mesmo de posíbeis delitos», afeou Igrexas.

Igrexas, que adiantou que dará traslado deste novo incumprimento á Valedora do Pobo que a semana pesada abriu expediente contra o Concello de Vigo pola opacidade neste asunto, preguntouse «que é o que quere tapar Caballero con este manto de opacidade e silencio? que é o que quere que as viguesas e vigueses non coñezamos?»

Neste sentido, Igrexas advertiu a Caballero que «se equivoca de cheo se pensa que o paso do tempo ou a súa violencia admnistrativa nos vai facer desistir de querer coñecer a verdade». «Canto máis se empeñan en ocultar máis apesta todo a chanchullo. As viguesas e vigueses merecen saber como se ian usar case 2 millóns de euros de diñeiro público», remachou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.