Comarcas Vigo al minuto

A praia do Muíño, na Guarda, volve a lucir este verán a Bandeira Azul

Logo de renunciar o ano pasado por falla de socorristas

A praia do Muíño, na Guarda, volve a lucir este verán a Bandeira Azul

Esta tempada de verán as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda recibiron o distintivo de Bandeira Azul outorgada pola ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor). Este organismo recoñece, así, a calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Ademais, concedeuse a distinción “Sendeiro Azul” á unión das sendas que percorren a costa de A Guarda entre estas dúas praias.

Socorristas

Tras renunciar a pasada tempada ás Bandeiras Azuis que lle foran concedidas, por non dispor de socorristas aspirantes, este verán o Concello de A Guarda contará cun cadro de persoal de servizo formado por catro socorristas contratados; dous dos socorristas atenderán a praia de O Muíño de luns a domingo, cumprindo así con este requisito para poder izar dita Bandeira Azul. No caso da praia de Area Grande o servizo activarase de unicamente de venres a domingo, dispoñéndose tamén nesta praia de dous socorristas durante eses días da semana. O servizo de socorrismo prestarase no período que vai dende o pasado sábado día 8 de xullo ata o 8 de setembro, en horario de 12:00 a 20:00h.

Persoas con diversidade motriz

A praia de O Muíño, ademais de estar adaptada para persoas con diversidade motriz con pasarela accesible e cadeira anfibia, conta con outros servizos esixidos por Bandeira Azul, como son: paneis informativos, análise de augas con resultados de “excelente” nos catro veráns anteriores, servizo de limpeza e de recollida de residuos así coma aseos.

Ecopraia

Ademais da Bandeira Azul na Praia de O Muíño, izouse tamén o distintivo de Ecopraia concedido pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias, respectando o delicado ecosistema dunar como espazo protexido “Red Natura 2000”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.