Cultura Vigo al minuto

A Deputación organiza este sábado un taller e ruta con xogos, no Castelo de Soutomaior

Dende as 5 da tarde con entrada única a un prezo de 8€

A Deputación de Pontevedra organiza este sábado, 15 de xullo, unha das 30 actividades que ten previsto realizar este ano no Castelo de Soutomaior. Trátase dun taller e unha ruta para descubrir moitos dos divertidos xogos tradicionais galegos, como a buxaina ou as bolas, e pasar unha xornada diferente en familia.

A actividade, que forma parte do programa “Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior”, comeza ás 17:00 horas.
Durante a xornada amosaranse, a través de diferentes postos enmarcados no obradoiro “As cucañas”, os diferentes xogos, dando a coñecer a súa tradición en Galicia. Todas as familias participantes terán a posibilidade de interactuar cos xogos, probar e converterse en xogadores e xogadoras expertas/os por un día.

As entradas para as actividades están dispoñibles en entradas.castelodesoutomaior.com, a un prezo único de 8 € (que inclúen a entrada ao Castelo, valorada en 5 €) e cada actividade conta cun total de 30 prazas.

“Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior”

É unha programación de actividades que abrangue visitas teatralizadas, obradoiros, contacontos e roteiros para familias con nenas e nenos baseadas nas lendas, os oficios tradicionais e as tradicións da provincia. As familias
pódense achegar á mitoloxía popular da provincia, xogos tradicionais, oficios artesanais, seres mitolóxicos ou tradicións coma os maios, as herbas de San Xoán, a vendima ou o Samaín. Ofértanse en total 360 prazas.

Ata finais de ano

Trala actividade deste sábado o programa continúa o domingo 6 de agosto cun obradoiro sobre os oficios tradicionais, o sábado 19 de agosto cun taller infantil de cociña, o sábado 2 de setembro cun obradoiro de vendima, o sábado 28 de outubro coa celebración do Samaín e, por último, o sábado 4 de novembro coa celebración do Magosto.

Visitas guiadas ao castelo

Ademais de “Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior”, a Deputación tamén organiza este ano 68 sesións de visitas guiadas. Celebraranse os luns e os venres de xullo e de agosto e terán tamén versións temáticas por Samaín e polo Nadal. As visitas de Samaín para persoas adultas serán os venres e os sábados de outubro; e as infantís os sábados e domingos de outubro. Por último, do 6 ao 10 de decembro celebraranse as visitas teatralizadas de Nadal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.