Vigo al minuto

Amnistía Internacional pide unha investigación sobre o uso policial da forza na folga do Metal

Denuncia disparos indicriminados de pelotas de goma contra unha concentración de persoas

Amnistía Internacional (AI) reclamou  ao Ministerio de Interior e ao Defensor del Pueblo que investiguen as actuacións policiais durante a folga do metal en Vigo para esclarecer posibles casos de «uso excesivo da forza».

Así, Amnistía Internacional apunta que as imaxes difundidas por diferentes medios de comunicación e xornalistas en redes sociais, «amosan disparos indiscriminados contra unha concentración de persoas, algo prohibido polas normas internacionais sobre o uso da forza».

«Ante as cargas policiais rexistradas estes días contra traballadores en folga do sector do metal, amosamos a nosa preocupación polas posibles vulneracións de dereitos humanos cometidas pola policía nacional», declarou Montserrat Jáudenes, coordinadora da campaña Dereito á Protesta en Amnistía Internacional Vigo. «Instamos á Subdelegada do Goberno en Pontevedra e ao Delegado do Goberno en Galicia a que investiguen as actuacións policiais levadas a cabo nas últimas semanas na cidade«.

Prohibición das pelotas de goma na vindeira lexislatura

AI pediu tamén aos partidos e persoas candidatas pola provincia de Pontevedra un compromiso real e efectivo para prohibir o uso de pelotas de goma na vindeira lexislatura, por ser intrinsecamente imprecisas e pola elevada probabilidade de causar lesións graves. «A traxectoria das as pelotas de goma é imprecisa e indiscriminada, non se poden rastrexar e teñen un risco alto de causar lesións graves«, sinalou a voceira de Amnistía, que ten aberta unha campaña de recollida de sinaturas sobre o tema que leva máis de 15.000 apoios.

A Comisión de Dereitos Humanos do Consello de Europa insta a non utilizar este tipo de armas menos letais no contexto de manifestacións públicas. «Empregalas co propósito de castigar pode chegar a constituír actos de tortura«.

AI pediu a calquera persoa que resultase mancada nestas protestas pola acción policial que contacte coa organización nas redes sociais de AI Vigo ou escribindo ao correo [email protected], a fin de poder trasladar a información e dos datos pertinentes ao Departamento de Investigación de Amnistía Internacional.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.