Comarcas Vigo al minuto

O Porriño contará cun orzamento récord de 19 millóns de euros

O alcalde será o que menos cobre de toda a Área de Vigo: 39.540€

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, ten garantida a aprobación do Orzamento do Concello para este ano. O seu partido, o PP, conta con 16 dos 21 concelleiros da Corporación, máis do 76%, que este venres darán o seu voto as contas para 2023. l

“Actuamos con responsabilidade e fuxindo de calquera populismo económico”, apunta o alcalde, “O Porriño necesita un orzamento que atenda ás súas necesidades actuais e permita unha xestión eficiente, algo que non cumpría o prorrogado do 2018 co que traballabamos”.

19 millóns

Para Lorenzo que, as contas ademais de realistas, tamén son ambiciosas e de «marcado carácter expansivo» xa que “experimentan un crecemento do 36,23% respecto do orzamento vixente. Ascenden a 19 millóns o que o sitúa como o máis elevado da historia deste concello”.

Asi, o Goberno local poderá facer uso o que queda de ano do remanente acumulado para a execución de proxectos de saneamento nas parroquias; adquisición de parcelas para a creación de parques; zonas verdes ou o auditorio municipal e tamén bonificación de impostos para que O Porriño se consolide como Concello emprendedor.

Con todo, o rexedor insistiu en que a finais deste ano presentaranse o orzamento correspondente ao exercicio 2024, no que poder dar cabida a todas as necesidades da veciñanza do Porriño.

Estabilidade e recuperación económica

As contas públicas que presenta o Goberno municipal «ofrecen seguridade e estabilidade», centrándonse en consignar a dotación necesaria para poder atender os compromisos adquiridos. Trátase dun «orzamento de transición» que contempla un incremento substancial na prestación de servizos. E o fai «de maneira regulada e legal, logo de moitos anos cunha situación de ausencia total de contratos regulados, especialmente grave no caso dos servizos obrigatorios con maior custe, como son a recollida de lixo, mantemento de xardíns e desbroces, xestión da piscina ou servizo de axuda no fogar». Neste documento contémplase  un gasto corrente para atender aos contratos de servizos formalizados que representa un 57,54% do mesmo.

En canto ao gasto en persoal, hai que ter en conta que no ano 2019 aprobouse a Relación de Postos de Traballo sen contar con crédito suficiente no orzamento inicial para dar cobertura á mesma. Este orzamento recolle por fin a dotación necesaria para atender ás retribucións do persoal ao servizo do Concello incrementando esta partida nun 33,95%.

Servizos Sociais

«Desde o Goberno local seguiranse tomando todas as medidas necesarias, dentro das súas competencias, para axudar ás persoas, familias e empresas que están a ter dificultades».  Manter e reforzar os servizos sociais é o obxectivo: dotando esta área de máis persoal e orzamento para cumprir na prevención de axuda no coidado dos maiores; creando unha área propia ou a atención e integración social das persoas menos favorecidas. Isto supón unha dotación orzamentaria na asistencia social de máis 2,2 millóns e un incremento do 94% nesta partida.

Cultura, educación, xuventude e infancia

Resalta na folla de ruta económica, apunta o alcalde, a área de Cultura. “Trátase dun valor esencial e un recurso imprescindible do desenvolvemento intelectual”, apunta Lorenzo, “Polo que seguiremos desenvolvendo unha programación atractiva e moi pendentes da xuventude e das súas necesidades”. A tal fin esta partida increméntase nun 18,38%. Tamén se reforza o eido da Educación cun aumento do  31,25%.

Inclúense tamén novas subvencións nominativas a asociacións do eido veciñal e social que ata o de agora non contaban con achega municipal directa, como é o caso de COGAMI, AFAGA ou OSÍLICE.  A maiores se dará cobertura a outras asociacións locais con modificacións orzamentariasque se levarán a pleno nas próximas semanas.

Sete dedicacións e soldos conxelados toda a lexislatura

No que atinxe ás retribucións dos membros do Goberno local mantéñense os soldos conxelados dende o 2021, sumándose o compromiso de non subir as súas retribucións. Así, o do Porriño «seguirá a ser o alcalde con menor retribución da área metropolitana de Vigo».

Así, establécense 7 dedicacións exclusivas, cun importe anual de 34.700,54 euros, ademais da Alcaldía, cun importe de 39.540,20 euros.  Estes son os En canto ao persoal eventual, o rexedor configura o seu gabinete con tres prazas eventuais: Secretaria de Alcaldía e Relacións institucionais, protocolo e prensa, cun importe cada unha de 33.217,52 euros e unha de Asesoría Xurídica, cunha dotación anual de 59.830 euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.