Destacados Vigo al minuto

O BNG denuncia que Caballero négase a constituír a Comisión de Vixilancia da Contratación

«Incumprindo a lei»

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Goberno de Abel Caballero «incumpre a lei negándose a constituír a Comisión de Vixilancia da Contratación», obrigatoria en base ao Regulamento Orgánico do Pleno e á normativa estatal.

Así quedou en evidencia, sinala o voveiro do BNG, este luns no Pleno de Organización do Concello de Vigo. No mesmo, o grupo socialista rexeitou os catro votos particulares formulados polo Bloque para «democratizar» a proposta do Goberno municipal, que impuxo sen diálogo coas forzas oposición un funcionamento que non garante un reparto «proporcional e xusto».

«Que é o que quere esconder Abel Caballero? «

«Que é o do que non quere que nos enteremos a oposición?», interpelou Xabier P. Igrexas na sesión de hoxe, logo da negativa a constituír esa Comisión de Vixilancia da Contratación. Así, o» voceiro nacionalista advertiu de que esa decisión «supón vulnerar novamente a lexislación, como ocorreu no mandato anterior», restrinxindo a capacidade da oposición para fiscalizar as contratacións. «Se cadra teñen algo que meter debaixo da alfombra«, alertou.

‘Paseo militar’

Igrexas creticou que dende o inicio da sesión plenaria o grupo socialista quixera convertela nun «paseo militar» para evitar o debate. «Terá o alcalde algún tipo de selfie en axenda para que non queira que este Pleno se desenvolva coa mesma normalidade que noutras ocasións«, ironizou Igrexas. Nese sentido, criticou que o alcalde tentara limitar o tempo de intervención do portavoz do BNG a 2 minutos que, tras a protesta e ser corrixido polo Secretario municipal, se mantivo nos 5 minutos que estabelece o regulamento.

Sin nomear os representantes na Xerencia de Urbanismo, IFEVI ou Zona Franca

Dende o BNG lamentaron tamén que o grupo socialista deixara fóra da orde do día do Pleno de Organización, que se convocou sen ter celebrado a preceptiva Xunta de Voceiros, algunhas cuestións da «maior relevancia» para a cidade, como a designación de membros para diferentes órganos como a Xerencia Municipal de Urbanismo, o Ifevi, a Zona Franca ou os padroados dos museos Marco e Quiñones de León, entre outros. Unha omisión que motivou un escrito da fronte nacionalista reclamando a súa incorporación nos asuntos a aprobar ao que Abel Caballero limitouse a contestar cun «tomamos nota».

«Rodete antidemocrático»

Igrexas asegurou que este Pleno constatou como «o Goberno de Abel Caballero impón o rodete antidemocrático» na organización do Concello, tal e que advertira o propio BNG nos pasados días. «O grupo de Goberno non tivo a máis mínima intención de dialogar para garantir uns mínimos democráticos no funcionamento do Concello, que respecten a pluralidade das viguesas e dos vigueses expresada nas urnas 28 de maio», cuestionou.

Nesa liña, lembrou que «o Concello non é do grupo de Goberno» e asegurou que o papel fundamental que xoga a oposición queda restrinxido con este reparto. Así, mentres o grupo socialista disporá de 5 mocións por Pleno, o conxunto da oposición tan só poderá formular 2.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.