Cultura Vigo al minuto

Esta fin de semana non podes deixar de ir a The Wild Fest, en San Miguel de Oia

Con Ángel Stanich, Sés, Biznaga e Zeltia Irevire

Esta fin de semana non podes deixar de ir a The Wild Fest, en San Miguel de Oia

Este venres coemza a quinta edición do festival multidisciplinar The Wild Fest que continuará a fin de semana Este ano contará cos concertos de Ángel Stanich, Sés, Biznaga e Zeltia Irevire (sábado, 24). Asi mesmo, haberá proxeccións de cinema, actividades infantís, zona gastro, mercado de artesáns e propostas para coñecer a contorna.

Así, o Parque Forestal de San Miguel de Oia volverá ser o escenario do The Wild Fest, un merendeiro cun privilexiado miradoiro á ría de Vigo que é xa nun dos emblemas do festival. Ademais, hoxe e o domingo, o acceso ao festival é gratuíto. Para o sábado é necesario adquirir entrada entrando en thewildfest.com ….e pode reservarse praza para o camping, tanto tendas como para furgonetas e autocaravanas.

Cinema

O festival amplía o número de sesións e incorporando novidades, como a entrega de tres premios, a presenza de máis realizadores durante a proxección dos seus traballos e a posibilidade de ver os filmes online.

Este certame, único en Galicia de cinema medioambiental proxectará cinco bloques de curtametraxes ao aire libre.
A sección oficial estára formada por 23 curtametraxes de países como Irán, Corea do Sur, Francia, Suíza, Finlandia, Rusia, Perú e Arxentina, así como tres traballos de produción galega que retratan a beleza e diversidade do planeta e os retos máis importantes aos que debemos facer frente para preservalo.

A auga

Nesta quinta edición o tema con maior presenza é a auga, abordada desde diferentes perspectivas. Exemplos disto son a distopía submarina PLSTC (Francia); a loita para que as augas do río Huenehue volvan moverse, no documental chileno Wiñotuay chi lewfü e a historia da desaparición do Mar de Aral, premonitorio do cambio climático, que a galega Nerea Barros plasma en Memoria.

Tamén haberá espazo para deleitarnos coa beleza e discurso das imaxes, outro camiño para a concienciación. É o caso da produción ruso-inglesa Haulout, que segue a un explorador polo Ártiko, á espera dun abraiante fenómeno natural; ou a francesa Bruit Rose, unha interpretación simbólica e poética da vida que medra no ventre dunha
futura nai.

Público infantil

Como novidade desta quinta edición, o certame proxectará un bloque de curtametraxes para público infantil, co fin de fomentar o desexo por coidar da súa contorna e introducilos nalgunhas das problemáticas medioambientais actuais.

Esta sesión será o domingo a partir das 18:00h, xornada na que terán lugar tamén outras actividades dirixidas á cativada, como o espectáculo de circo Simplemente Enricco e o contacontos a cargo de O Bardo Abelardo. Tamén o domingo, proxectarase unha sesión temática sobre cans, dirixida aos amantes destes animais. Destacan a finlandesa Kaamosken Valossa, que segue a un can que tira dunha zorra na noite polar; e a francesa À quoi tu rêves León?, sobre os últimos desexos dun can caseiro.

Horarios das proxeccións

Venres 23 ás 17:30h -Bloque 1 – Entrada de balde.

Venres 23 ás 18:30h -Bloque 2 – Entrada de balde.

Sábado 24 ás 11:30h -Bloque 3 – Necesario contar coa entrada do
festival.
Domingo 25 ás 11:45 – Bloque especial cans – Entrada de balde
Domingo 25 ás 18h – Bloque infantil – Entrada de balde

También te puede interesar