Comarcas Vigo al minuto

Alcaldes e alcaldesas do PP incorpóranse á Deputación de Pontevedra

So faltan os tres representantes do Partido Xudicial de Vigo

O actual Goberno de Ponteareas executa en 4 meses a mesma porcentaxe de EDUSI que o anterior en ano e medio

O Partido Popular designou esta mañá aos deputados provinciais nos Partidos Xudiciais de Pontevedra, Tui e Ponteareas. No caso de Pontevedra, os deputados serán o líder do PP na cidade, Rafa Domínguez; o alcalde de Cerdedo-Cotobade e actual voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; e a voceira do PP en Cuntis, Isabel Couselo que, no seu caso, compartirá mandato co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, que ocupará o escano os últimos dous anos.

Tui

Polo que se refire ao Partido Xudicial de Tui os deputados provinciais serán os alcaldes do Porriño e da Guarda, Alejandro Lorenzo e Roberto Carrero, que neste caso compartirá escano con Lara Meneses, de Tomiño. Por último, en Ponteareas o deputado tamén rotará: os dous primeiros anos de mandato a deputada será Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, e os dous últimos, Pablo Castillo, alcalde de Covelo.

Marta Fernández-Tapias, unha das deputadas do Partido Xudicial de Vigo

Deste xeito, con estas designacións, que fixeron ao longo desta mañá os concelleiros do Partido Popular nas súas respectivas xuntas electorais, o PP ten practicamente pechado o seu Goberno. Só falta que mañá se designe a representación do Partido Xudicial de Vigo. Unha das tres persoas do mesmo será a nova voceira municipal popular, Marta Fernández-Tapias, quen tamén exercerá de vicepresidenta.

Nesta liña, Luis López, próximo presidente da Deputación de Pontevedra, asegura que, «estase formando a un equipo cos mellores perfís para ofrecerlle aos pontevedreses o mellor goberno provincial posible». Un goberno que, como indicou hai uns días, centrarase en «recuperar a súa eficacia para dar apoio e colaborar con todos os concellos da provincia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.