Cultura Vigo al minuto

O BNG rexeita unha ‘sala de lectura’ sen libros e demanda unha biblioteca para Teis

«A proxectada polo Goberno local terá 100m2 menos»

Nada de ‘sala de lectura’ sen libros. O BNG esixe que Teis teña unha verdadeira biblioteca, o que ven sendo, como a Real Academia Galega, un «edificio onde está reunido un conxunto grande de libros para poder lelos».

Así o trasladaron os flamantes concelleiros do Bloque a representantes da Asociación Veciñal de Teis e das Anpas do barrio«a quen o propio Goberno municipal recoñeceulles que non ten intención de poñer en marcha unha biblioteca»

Así, o voceiro municipal do BNG apuntou que «son máis de 9 anos de promesas, de máis de 20 anuncios por boca de Abel Caballero, que se van converter nunha verdadeira estafa á veciñanza de Teis. Na mesma xuntanza Xabier P. Igrexas e Ana Martínez trasladaron a súa indignación perante o “engano” da «promesa incumprida por parte do Goberno municipal» e manifestaron a súa intención de seguir a reclamar a biblioteca.

Necesaria para Teis

Igrexas insistiu en que Teis “merece e necesita” esta dotación e non un espazo sen libros, «como as salas de lectura abertas polo Goberno local durante os últimos anos». Ademais, o voceiro nacionalista advertiu de que o proxecto de Abel Caballero quere reducir substancialmente as dimensións do actual inmóbel (o antigo ambulatorio de Teis) que prevé demoler para a nova construción.

100 metros cadrados menos de superficie

Así, dende o BNG reprocharon que vaia contar con 100 metros cadrados menos de superficie e un 30% menos de postos de lectura que a única biblioteca municipal existente, a Neira Vilas no Calvario, impulsada polo BNG no ano 2011 cando xestionaba a área de Cultura. Un proxecto que, subliñou Igrexas, apostan por retomar co obxectivo de despregar unha rede municipal de bibliotecas en todos os barrios e parroquias da cidade.“Xa abonda de tanta tomadura de pelo”, asegurou Igrexas. “O BNG trasladamos o compromiso de que imos seguir dando a batalla para que Teis teña a biblioteca e para avanzar nunha política que democratice de verdade o acceso á cultura para toda a veciñanza de Vigo”, engadiu.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.