Galicia Vigo al minuto

Terceiro mandato para Juan González en Nigrán, segundo con maioría absoluta

Conta con 11 concelleiros, fronte aos 5 do PP e 1 do BNG

Terceiro mandato para Juan González en Nigrán, segundo con maioría absoluta

O socialista Juan González (Nigrán, 1963), prometeu por terceira vez como alcalde de Nigrán. É a primeira ocasión dende o comezo deste período democrático, hai 44 anos, que unha mesma persoa estará tres mandatos á fronte do Concello

«Asumimos este terceiro mandato coa mesma ilusión, ganas e forza que os dous anteriores pero coa diferencia de que agora sumamos máis experiencia», asegurou González. O rexedor, que conta con 11 concelleiros, fronte a 5 do PP e 1 do BNG, afronta o seu segundo goberno con maioría absoluta – ainda que con 2 representantes menos que hai 4 anos-.

Avó e neta

O rexedor foi investido de mans de Alfonso Vázquez e Sara Penedo, avó e neta respectivamente e que actuaron como presidente e vogal aos ser os concelleiros de maior e menor idade. A elección se produxo tras postularse tamén o PP á Alcaldía e obter os votos dos seus 5 ediles.

«Aos concelleiros que repiten e aos que non están temos que dicirlles que deben estar orgullosos do que fixemos», asegurou. «Conquerimos unha vez máis unha maioría aplastante», engadiu: «non é fácil contentar á maioría das persoas dun municipio, e o fixemos xa dúas veces. Ogallá sexamos capaces de repetilo unha cuarta vez».

Asi mesmo, González ofreceu a súa colaboración á oposición do PP liderada por María José Pino e do BNG por parte de Xavier Rodríguez, quen xa fora concelleiro en dous mandatos. «Ogallá que aportedes cousas boas para Nigrán porque é o que están agardando os veciños e veciñas, nos intentaremos mellorar e esperamos non defraudar a ninguén e que sigamos cos pes no chan, as portas abertas e mirándonos aos ollos», finalizou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.