Comarcas Vigo al minuto

José Manuel Alfonso, novo alcalde das Neves

«Estamos aquí para servir aos veciños e resolver os seus problemas»

José Manuel Alfonso é dende este sábado o novo alcalde das Neves. Nas pasadas Eleccións a candidatura que encabezaba, a do Partido Popular, acadou a maioría absoluta na Corporación nevense, pasando de 4 concelleiros en 2019 a 6.

Alfonso, toma o relevo do nacionalista Xosé Manuel Rodríguez Méndez, que estaba a fronte do Concello dende hai 8 anos, en coalición co Partido Socialista. O 28 de maio, o BNG baixou de 4 a 3 concelleiros, perdendo 4 puntos de apoio electoral; mentres, o PSOE, encabezado por Marcelino Couto, veu reducida a súa representación na Corporación á metade: de 2 a 1 so concelleiro.

Traballo e adicación

Alfonso deu as grazas aos seus antecesores na Alcaldía durante o período democrático e aos traballadores e traballadoras do Concello, «fundamentais no seu funcionamento e claves na consecución dos proxectos municipais».

Ademáis, o alcalde comprometeu «traballo e dedicación», asegurando que é consciente da «expectativa e esperanza» depositada nel. Por iso, subliñou, o seu obxectivo é facer realidade o programa do seu partido, «elaborado cos veciños» e gobernar para estes.

«Estamos aquí para servir aos veciños e resolver os seus problemas»

«Estamos aquí para servilos e resolver os seus problemas», salientou José Manuel Alfonso. Por último, recoñeceu o labor do PP local e preguntouse «se en tres meses fomos quen de formar un equipo e gañar as Eleccións por maioría, que no poderemos facer en catro anos?»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.