Comarcas Vigo al minuto

Loli Castiñeira será alcaldesa de Salceda cos votos de PSOE e BNG

Piden actuacións en economñia, sanidade, vivenda, saneamento ou persoal

Loli Castiñeira volverá este sábado á Alcaldía de Salceda. Os votos dos 4 concelleiros do seu grupo, Movemento por Salceda, os 2 do PSOE e 1 do BNG, sumarán a maioría que pechará a chegada ao goberno municipal do Partido Popular, que lograra 6 representantes nas pasadas Eleccións Municipais.

Acordo PSOE -BNG

BNG e PSdeG-PSOE pecharon hoxe un acordo conxunto para apoiar a investidura da candidata de Movemento por Salceda. Así, indican, considerando que na xestión municipal «deben poñerse por diante os intereses xerais da veciñanza», dan o seu apoio a cambio de varias condicións.

Economía, sanidade, educación, saneamento, Plan Xeral e persoal

Entre elas a de mellorar a situación económica do Concello; así, esixirán o cumprimento do plan de axuste, para non reverter a situación acadada tras a sinatura do mesmo. Impulsando ademais medidas de boas prácticas para a xestión económica do Concello, como os contratos anuais de servizos e subministracións baixo criterios de sustentabilidade e economía.

Ademáis, resaltan ambas formacións políticas na necesidade de impulsar solucións para mellorar a situación da sanidade, en especial a da pediatría. Así como a continua mellora dos centros educativos e a execución de saneamento. Sen esquecer a necesidade de esixir a construción de vivenda protexida nos terreos habilitados para ese fin.

Tamén no documento recóllese a elaboración do Plan Xeral realizado entre todas as organizacións políticas que forman parte da corporación e contando coa participación veciñal.  Por último, garantir a continuación dos procesos de contratación e estabilización de persoal municipal.

Dende a dirección local de ambos partidos considérase que este acordo é unha «mostra da capacidade de diálogo e entendemento das dúas formacións que antepoñen o benestar de veciñanza a calquera outro interese».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.