Galicia Vigo al minuto

Mos recoñece o traballo das súas enfermeiras, que foron as pregoeiras da Festa da Rosa

Inés Alonso e Lorena Comesaña

O traballo titulado Xestión emocional na adolescencia, no que elaborou unha análise sobre unha poboación de 184 rapazas e rapaces mosenses, para o que contou coa colaboración do IES de Mos, recibiú o 1º Premio da VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria.

Realizado pola residente de Enfermería Familiar Inés Alonso, do Centro de Saúde de Mos, alerta da necesidade de tomar certos comportamentos e actitudes como evidencia de problemas emocionais que poden derivar noutras patoloxías.

Así, o Concello de Mos apostou nesta 50 edición da Festa da Rosa por darlle visibilidade ao labor integral e social que o Centro de Saúde realiza na contorna polo que decidiu de forma unánime, contar coa presencia das dúas enfermeiras para realizar o pregón das festas.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias

Festa da Rosa

Os actos, presentados por Alejandro Pérez e Cristina Maró, comezaron cun acto relixioso e, ás 12:00h realizouse o fallo do tradicional Concurso da Empanada de Millo, incluída na festa gastronómica organizada pola Asociación de Mulleres Rurais en colaboración co Concello de Mos e que este ano chega á súa 24 edición. Tamén fallouse o Concurso de Rosas do Día da Rosa que inclúe novamente o premio á mellor flor de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexiu a mellor de todo o concello.

Ao remate da entrega de premios dos devanditos concursos houbo unha actuación musical da Banda Xuvenil de Torroso na que interpretaron o Himno Municipal, Alborada Camiño da Rosa, composto por Xulio Lorenzo, cantado polo artista Antonio Barros (autor da letra xunto con Ialma), entre outras pezas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.