Galicia Vigo al minuto

Tes menos de 30 anos?…pois a Xunta quere darche 200€ para facer o Camiño de Santiago

Mediante descontos en ‘paquetes’ contratados con axencias de viaxes

Tes menos de 30 anos?...pois a Xunta quere darche 200€ para facer o Camiño de Santiago

Sí. O programa chámase ‘Xacobeo Xove’ e, segundo adiantou este xoves o presidente da Xunta, ‘premiará’ con até 200€ a mozas e mozos de menos de 30 anos para que fagan o Camiño de Santiago.

Un terzo dos camiñantes que chegan a Compostela teñen menos de 30 anos”, subliñou Alfonso Rueda, por iso, defendeu estes paquetes -que serán ofertados exclusivamente a través de axencias de viaxes– para “animar a máis mozos e mozas a desfrutar da experiencia única que supón percorrer a ruta xacobea”.

Así, as axencias incluirán un prezo especial cun desconto de 200 euros sobre o seu custo total, “co que se cubriría entre o 40 % e o 50 % destes gastos”, calculou o presidente. Nesta liña, engadiu que esta campaña terá vixencia ata o 31 de decembro, e a Xunta destinará a ela 1 millón de euros co obxectivo de que chegue a uns 5.000 xovenes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.