Destacados Vigo al minuto

O Metal volve á rúa

Convocada folga os días 15, 20 e 22 de xuño

Folga Metal Vigo

Convocada folga os días 15, 20 e 22 de xuño

O Metal volve á rúa. Farano logo do que os sindicatos cualificaran como unha «provocación e insulto», as propostas da patronal do sector para redactar un novo convenio. Por iso, ante o que aseguraron é un «desprezo total» dos empresarios, UXT, COO e CIG, anunciaron este luns que convocan aos 30.000 traballadores da provincia a unha folga os días 15, 20 e 22 deste mes de xuño.

Irrisoria

Así, os representantes sindicais, que consideran lamentable a postura da patronal, logo de 9 reunións, afirmaron que a proposta do empresariado é «irrisoria». A mesma propón un aumento de soldos do 0,5% este ano e o 2% para 2024 e 2025; ademáis non queren que o convenio recolla unha cláusula de revisión salarial e propoñen introducir as Empresas de Traballo Temporal (ETTs) no sector, ademáis de «limitar» as vacacións dos traballadores.

Revisión salarial, subrogación e recución de xornada

Como indicaron os representantes de UXT, CCOO e CIG, as súas intencións é que o convenio recolla unha cláusula de recisión salarial; una redución anual de 24 horas na xornada laboral nos próximos tres anos e que se inclúa a subrogación dos empregados– como na Administración-.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.