Vigo al minuto

Dende este luns poden solicitarse as bolsas municipais de comedor e material escolar

Durante un prazo de 20 días hábiles

El retraso en resolver las ayudas deja a muchos niños de Vigo sin comedor escolar

Durante un prazo de 20 días hábiles

Desde este luns, e durante os seguintes 20 días hábiles, poderán solicitarse as bolsas de comedor e material escolar para o vindeiro curso: as mesmas contan cun orzamento de 1.427.589 euros.

Así, como explicou o alcalde en rolda de prensa, as solicitudes poden facerse de forma telemática a través da web municipal (www.vigo.org) e tamén presencial, no Concello, de luns a venres -de 08:45 ás 13:45 e de 15:00 a 20:00h-. Ademáis, as familias que queiran facer a solicitude no Concello, poderán pedir cita previa a través da web, onde atoparán unha ligazón directa para facelo.

Declaracións do alcalde sobre as bolsas de comedor

De 41 a 45 euros

Tal e como recollen as bases aprobadas polo Goberno Local, as axudas deste ano incrementan a contía, pasando de 41 a 45 euros ao mes. Asi mesmo, mellóranse as condicións de acceso ás axudas das unidades de convivencia monoparentais que computarán como 3 membros a efectos de renda.

O mesmo ocorre coas familias das que forme parte un membro con discapacidade e actualizouse o IPREM e o incorpórase o prezo da vivenda (alugueiro ou hipoteca) no cómputo da renda.

También te puede interesar