Comarcas Vigo al minuto

A XX edición do Festival de Cans creou 151 empregos

Bateu a súa marca histórica de contratacións

A XX edición do Festival de Cans creou 151 empregos

Bateu a súa marca histórica de contratacións

A XX edición do Festival de Cans, que rematou a pasada fin de semana, rexistrou unha marca histórica de creación de emprego, ao chegar a 151 altas laborais. Esta cifra supera en máis dun 12% a da pasada edición, onde o certame xerou 134 empregos. Así mesmo, máis de 13.000 persoas pasaron polo certame ao longo dos seus cinco días de duración, sendo o día grande, o sábado 20 de maio, o de maior afluencia con máis da metade dos espectadores totais.

74 empregos directos

En concreto, das 151 contratacións rexistradas, 74 foron de empregos directos relacionados coas áreas de produción, merchandising, transporte e traballo en barras; 20 foron servizos especializados de autónomos en áreas como comunicación, fotografía, vídeo, deseño gráfico, redes sociais ou programación; e 57 de contratacións indirectas de empresas que prestaron servizos no marco da celebración do festival (limpeza e hixiene, seguridade privada, montaxe e desmontaxe de carpas e equipos de loxística de son e proxeccións).

Do Porriño

Así, segundo indican os responsábeis do festival, a maioría das persoas contratadas pertencen ao municipio do Porriño e moitas delas á aldea de Cans. Ademais, houbo un gran número mozos e mozas que asinaron o seu primeiro contrato laboral. Outra parte das contratacións procede de concellos limítrofes como Mos, Salceda de Caselas ou Ponteareas.

Do mesmo xeito, seguiu aumentando a cifra de provedores locais, contratando servizos a preto de 60 empresas de proximidade, a maioria delas pemes e empresas familiares. “Seguindo a filosofía “Quilómetro 0″ do certame, estas empresas prestaron servizos de catering, imprenta, papelería, asesoría ou ferretería”.

Restauración e comercio

Nesta liña, compre destacar tamén o “importante impacto” na restauración e comercio locais, así como os establecementos hoteleiros, que rexistraron unha ocupación do 100%, incluso desde varios días antes. Entre o martes 16 e o 20 de maio, o festival tamén bateu o seu récord de reservas directas cun total de 162 habitacións para acoller persoas convidadas e traballadores da organización, ademais de habitacións en hostais; pensións e albergues; reservadas polo público que asistiu ao festival. Entre os visitantes destaca a presenza de espectadores chegados de países non habituais como Brasil, México ou Romanía, ademais doutros máis habituais como Portugal, Francia, Inglaterra ou Italia. Tamén doutras cidades españolas coma Madrid, Barcelona, Bilbao, Oviedo ou Valladolid.

Mobilidade e accesibilidade

Así mesmo, a organización activou un plan de mobilidade e accesibilidade, buscando reducir o impacto medio ambiental, evitando na medida do posible a presenza de vehículos na aldea. “Este plan resultou ser un éxito, xa que máis de 4.000 persoas se desprazaron desde o casco urbano do Porriño ata Cans nos autobuses habilitados“, unha cifra semellante a 2019, o ano anterior o comezo da pandemia. Por segundo ano, o festival trazou un plan de viaxes para convidadas e convidados, onde as chegadas en tren superaron ás viaxes en avión, o que contribuíu a diminuír a pegada de CO2 do certame

También te puede interesar