Galicia Vigo al minuto

Alerta de ANPAS de Vigo, Moaña e Nigrán pola pésima calidade dos comedores escolares

Denuncian que se serven alimentos en mal estado ou pouca cantidade de comida

El retraso en resolver las ayudas deja a muchos niños de Vigo sin comedor escolar

Denuncian que se serven alimentos en mal estado ou pouca cantidade de comida

Dende fai anos, numerosas ANPA de distintos colexios públicos de Vigo, Moaña e Nigrán expresan a súa preocupación polo mal funcionamento dos servizos de cátering encargados dos comedores escolares das súas fillas e fillos.

Alimentos en mal estado ou pouca cantidade de comida

Concretamente, apuntan, os CEIP do lote 22 (Emilia Pardo Bazán «Chouzo», Virxe do Rocío e Altamar) presentaron innumerables escritos perante as autoridades competentes expoñendo toda unha serie de problemas denunciados por pais e nais, como “alimentos en mal estado, pratos con pouca cantidade de comida, fríos, menús pouco variados e desequilibrados nutricionalmente, entre outros”.

Así mesmo, os rapaces e rapazas tamén manifestan constantemente o seu “descontento pola calidade da comida“, que con frecuencia é insípida e pouco apetitosa. A pesar de todas as queixas presentadas, apuntan dende as ANPAS dos tres centros non só non se teñen constatado melloras significativas na calidade da comida senón que ademais sempre se obtén o silencio por resposta.

“A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que é a contratante e por tanto, a responsable deste servizo, ademais de non molestarse en responder a ningún dos escritos que se lle envían, non atende nunca ao teléfono e leva tempo prometendo una xuntanza connosco que aínda estamos esperando. Xa está ben de menosprezar a xente!”

Sen avances nas contratacións dos novos cáterings

Aínda por riba, engaden dende as ANPAS, o pasado 3 de maio, publicáronse os «novos» pregos que rexerán o
proceso de contratación dos cáterings que prestarán o servizo durante os próximos dous anos. “O de «novos» soa a chiste posto que neles apenas hai avances respecto aos anteriores, polo que tememos que todo vaia seguir igual”. Ademáis, aseguran, o problema parece que non é de cartos, posto que si é certo que se recolle unha subida considerable do prezo do menú por comensal (ata 5,83 €+IVE).

“O problema é de xestión pura e dura. Os cáterings fan o que lles peta, ás veces cumprindo, pero na maior parte dos casos non, os pregos de contratación. Nesta liña, afirman que as inspeccións da Consellería para asegurarse de que todo funciona correctamente “brillan pola súa ausencia”.

“Do único que nos alegramos é de que os nosos compañeiros e compañeiras de Nigrán conseguiran facer escoitar as súas reivindicacións e, durante o próximo curso, vaian poder usar unha cociña propia dun centro na que o cátering estará obrigado a elaborar os seus menús. Noraboa, compañeiros! Pero a pregunta é: por que eles si e nós non?”

Aseguran que esa posibilidade xa lle foi exposta á Consellería nun dos nosos escritos e era bastante factible, simplemente facendo una reorganización dos lotes para poder aproveitar as cociñas xa existentes nalgúns centros escolares. “Será que ademais de non darnos resposta, directamente non len os documentos que lles envíamos? Será un tema político?”

Sexa como sexa, apuntam, “coa saúde dos nosos nenos e nenas non hai escusa que valla!…e outro aspecto fundamental é que as familias non contan para nada no servizo de comedores de xestión indirecta, “non se nos pide opinión, non se nos escoita cando hai problemas e non temos nin voz nin voto a pesar de que os usuarios finais do servizo son os nosos fillos e fillas”.

Por iso, aínda que está “cansos” de presentar queixas e non ver resultados, “non van conseguir que calemos”, e, así, advirte de que seguirán loitando para conseguir que se tomen as medidas necesarias para garantir que “os nosos nenos e nenas reciban unha como mericen: de calidade e saudable”.

También te puede interesar