Destacados Vigo al minuto

Estas son as datas de 94 oposicións convocadas pola Xunta para 1.500 prazas

Serán de xuño deste ano a marzo de 2024

Estas son as datas de 94 oposicións convocadas pola Xunta para 1.500 prazas

Serán de xuño deste ano a marzo de 2024

A Xunta de Galicia publicou este mércores as datas de exame para 94 oposicións nas que participarán preto de 69.000 aspirantes co obxectivo de que poidan planificar a súa preparación. En total, son máis de 1.500 prazas de emprego público.

Así, as probas afectan a 94 procesos, que son todos os que estaban pendentes de comezar a fase de exames. Os procesos desagréganse en 24 exames previstos no mes de xuño e 9 en xullo de 2023.

Os restantes, que se desenvolverán entre setembro e marzo de 2024 correspóndense (excepto os de discapacidade intelectual) cos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e quedan do seguinte xeito: 5 en setembro, 11 en outubro, 5 en
novembro, 2 en decembro; 25 no mes de xaneiro, 12 no mes de febreiro e 1 no mes de marzo.

Ano 2023

Mes de xuño: exames para 218 prazas de emprego público e todos se realizarán en Santiago de Compostela: Enxeñería Industrial (A1 libre e estabilización); Arqueólogos (A1); Enxeñaría de Minas (A1); Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de Bibliotecas; Arquitectos (A1 libre e estabilización); Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos; Arquitectos técnicos (A1 libre e estabilización); Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade Museos; Química (A1 libre eestabilización); Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, Especialidade de arquivos; Xestión de sistemas de informática (A2); Facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade Enxeñaría técnica minas; Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade Arquivos; Enxeñería técnica industrial(A1 libre e estabilización); Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, Especialidade de bibliotecas; Enxeñaría técnica de obras públicas (A2); axentes de inspección-vixilancia de estradas (promoción interna); Axentes de inspección-dominio público hidráulico (promoción interna); Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, Especialidade de bibliotecas (promoción interna).

Mes de xullo: correspóndense cos corpos e escalas da Administración xeral, concretamente o corpo superior A1; corpo xestión A2; corpo administrativo C1 e corpo auxiliar C2, agrupación de persoal subalterno; a escala técnica de Finanzas ou a escala técnica auxiliar de informática. Tamén se realizará o exame para auxiliar de clínica e auxiliar coidador.

Setembro e outubro: educador infantil (A2); educador social; educación infantil (C1); auxiliar de cociña; persoal de servizos xerais (PSX); limpeza e cociña; Medicina, inspección urbanística; profesores numerarios de: máquinas e instalacións mariñas; medicina subacuática e hiperbárica e navegación marítima; axentes de extensión pesqueira; Enxeñería técnica de obras públicas; Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos na especialidade bibliotecas; operador de ordenador e auxiliar de carpintería.

Novembro: realizaranse os procesos selectivos vinculados ao servicio de prevención e extinción de incendios forestais para bombeiro forestal condutor; bombeiro forestal encargado de brigada; bombeiro forestal; ou condutor de motobomba.

Decembro: terán lugar os procesos selectivos de auxiliar de clínica e auxiliar coidador.

Ano 2024

Xaneiro: Arquitectos; Enxeñeiros de Camiños; de Montes; e Industriais; Psicoloxía; Química; Bioloxía; Veterinaria; Traballo social; Enfermaría; Terapia Ocupacional; Enxeñarías Técnicas: Agrícola; Finanzas e Industrial; Fisioterapia; Técnico de cociña; auxiliar de laboratorio; auxiliar de mantemento; técnico en recursos naturais; auxiliar de recursos naturais; recursos naturais e forestais; técnica de Mantemento de servizos, técnica de Condución, Mantemento e técnica de análise de laboratorio.

Febreiro: realizaranse os exames de auxiliar de arquivos e bibliotecas; Xerocultor; os grupos I (Lingüista), III (intérprete de linguaxe de signos), e V (vixiante fixo e emisorista de defensa contra incendios forestais). Tamén se farán os correspondentes aos procesos selectivos de estabilización do corpo superior A1; corpo xestión A2; corpo administrativo C1; corpo auxiliar C2 (corpo administrativo); persoal subalterno e persoal subalterno pola quedan de discapacidade intelectual.

Marzo: exame para o corpo auxiliar C2 reservado a persoas con discapacidade intelectual.

O calendario pode consultarse en: http://www.xunta.es/dxfp/Xenericos/Calendario_2023_2024.pdf

También te puede interesar