Galicia Vigo al minuto

O Parlamento de Galicia rexeita a Iniciativa Popular para a mellora da Sanidade Pública

Cos votos do Partido Popular

Cos votos do Partido Popular

O voto en contra dos deputadas e deputados do Partido Popular, que ten a maioría absoluta, acabou co percorrido da Iiniciativa lexislativa popular (ILP) impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, para a mellora da atención sanitaria, e que estaba secundada por máis de 50.000 sinaturas cidadás.

Vanesa Viquendi, presidenta da plataforma Pediatras e Matronas Xa!, que foi a encargada de ler a proposta, subliñou que «a sanidade pública galega está peor que antes e iso non hai ‘Photoshop’ que o corrixa». Así, argumentou as propostas da Plataforma, entre elas, fixar un máximo de 48 horas de espera para consultas en centros de saúde; aumentar as ofertas públicas de emprego para persoal sanitario e incrementar o gasto en Atención Primaria até o 25% do orzamento total do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.