Galicia Vigo al minuto

A alcaldesa de Mos presenta a remodelación de Costoias

Para a mellora do local social e da contorna da Asociación San Martín, de Tameiga

Para a mellora do local social e da contorna da Asociación San Martín, de Tameiga

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentou esta mañá o proxecto de remodelación do local social e contorna da Asociación Cultural San Martín de Tameiga, en Costoias, xunto coa súa número 3 da candidatura do PP nas Eleccións Municipais, veciña de Tameiga e deputada autonómica no Parlamento de Galicia, Feli Rodríguez.

Arévalo e Rodríguez informaron de que o proxecto de mellora da contorna de Costoias ten un orzamento aproximado de 500.000€. Aquí conviven a asociación cultural e un espazo deportivo e natural no que semanalmente se reúnen centos de veciños. Trátase dunha zona protexida onde se sitúa o Petroglifo de Santa Filomena e xorde un dos múltiples afluentes do río Miño.

Segundo declararon Nidia Arévalo e Feli Rodríguez, o obxectivo desta mellora “é seguir poñendo en valor este lugar incrementando as súas posibilidades a través da realización dunha nova zona construída de instalacións complementarias ás existentes”.

As devanditas instalacións serán zonas de apoio aos usos deportivos; un espazo de realización de actividades deportivas cubertas ou aulas de interpretación da natureza. Así, «trátase dun proxecto integrado coa contorna que respecte e mellore o lugar», sinalou a alcaldesa. Nesta liña, Arévalo, engadiu que pretende xerar tres volumes vinculados entre sí onde se sitúen novos equipamentos para completar o espazo verde e deportivo. Ademáis, o edificio existente pasará a formar parte do conxunto construído.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.