Galicia Vigo al minuto

O Porriño salda, case totalmente, os 5,5 millóns de facturación irregular pendente

Corresponde aos anos 2016, 2017, 2018 e 2019

O Porriño salda, case totalmente, os 5,5 millóns de facturación irregular pendente

Corresponde aos anos 2016, 2017, 2018 e 2019

O Concello do Porriño saldou no último ano case na totalidade o pago pendente a provedores, que ascendía a 5,5 millóns e que, na actualidade, queda en 985.506,75 euros.  Tal e como reflicte o informe da Intervención Municipal de 25 de abril de 2023.

Así, especifica que “este acusado descenso da conta 413 xorde tras unha intensa labor de investigación, regularización e depuración  de facturas levada a cabo en pouco máis dun ano. Iso é o que recomendaba facer o Consello de Contas de Galicia no seu informe de fiscalización selectiva do Concello do Porriño para os exercicios 2018 e 2019, e tal e como se desprende do contido das distintas sentenzas recaídas “nas que se viñan a poñer de manifesto unha serie de incumprimentos normativos que se estaban a producir de maneira xeneralizada, sistemática e prolongada no tempo”.

Negación expresa da autenticidade de parte desa facturación

A Intervención incide así no informado pola Secretaría Municipal en setembro 2022, no que advertía que os servizos técnicos municipais “negaran expresamente a autenticidade de parte desa facturación, e de outra parte non se puidera comprobar nin a veracidade nin os prezos de mercado. Chegaba a informar o secretario que había técnicos e encargados municipais que non podían determinar incluso que algúns dos servizos que se pretendía pagar foran realizados.

Facturas duplicadas

A día de hoxe, tras revisar toda esta facturación detectáronse facturas duplicadas e outras que, pese a que xa foran pagadas, rexistrábanse de novo . Acordouse tamén a devolución das que non se puido acreditar que os traballos que se facturaban foran realizados ou que non se axustaban a prezo de mercado. Por outra banda, devolvéronse facturas por sentenza favorable ao Concello do Porriño e efectuouse o pago de moitas outras, que pese a ser irregulares se acreditou a súa veracidade, polo mecanismo de pago a provedores.

É importante incidir, sinalan dende o Concello, que as empresas renunican a cobrar o beneficio industrial e IVE para ser indemnizadas. Finalemente, o saldo pendente de pago na actualidade o conforma na súa maioría facturación xudicializada con sentenza favorable ao Concello pero pendente de sentenza firme, e tamén correspondente a empresas que renuncian ao seu cobro e reclaman indemnización.

También te puede interesar