Galicia Vigo al minuto

Convocada unha concentración en Teis para demandar a reforma da piscina

Leva pechada dende maio de 2022

Convocada unha concentración en Teis para demandar a reforma da piscina

Leva pechada dende maio de 2022

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este  xoves 13 de abril ás 19:30 horas, diante da piscina municipal de Teis, na rúa Coutadas. Coa mesma quere reivindicar a reforma inmediata da piscina municipal que está pechada dende o incendio de finais de maio de 2022.

Sen resposta do concelleiro de Deportes…

Precisamente, a Asociación solicitara unha xuntanza co concelleiro de Deportes, Manel Fernández, para tratar a situación da piscina. Tamen demandaban ao Goberno municipal o inmediato inicio das obras da reforma e que informara duns prazos reais para a súa apertura… pero non houbo ningunha xuntanza.

…aos 1.500 usuarios desta instalación

Así, a pileta leva pechada case 10 meses, «co prexuízo que isto provoca para os 1.500 usuarios desta instalación deportiva (que inclúe un ximnasio), que agora teñen que desprazarse a Lavadores e As Travesas». Isto unido a que tamén afecta as actividades extraescolares dos centros educativos de Teis.

A piscina da ETEA cuberta

No ano 2017, o goberno municipal, decidiu cubrir a piscina da ETEA – na que o Concello investira preto de 500.000€-para destinala a pista de ximnasia, pero incluíndo un sistema que no futuro permitirá poder recuperala.

Desde a Asociación, defenden que o momento de recuperala, pois hai demanda en Teis e na cidade. Deste xeito, se a piscina da ETEA estivera funcionando na actualidade, cubriría, perfectamente, a demanda da veciñanza.

Netsa liña, dende a Asociación lembran que en setembro de 2002, o alcalde, xa anunciou que se ía destinar un millón de euros para reparar a piscina municipal de Teis, pero «a día hoxe aínda non comezaron as obras e non hai ningunha data para o inicio das mesmas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.