Destacados Vigo al minuto

Denuncian que o Concello deu instrucións para obrigar a exhibir os animais de VigoZoo

«En contra do criterio científico do persoal coidador»

«En contra do criterio científico do persoal coidador»

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Concello deu instrucións para obrigar a exhibir os animais de VigoZoo. Así, dende o BNG revelan que o Goberno municipal deu indicacións en abril de 2021 para que o persoal coidador pechara as portas de acceso aos cubís interiores —en diferentes recintos das seccións de félidos, bóvidos e aves— forzando así aos animais a estar no exterior, co fin de favorecer a observación por parte do público.

«Meras atraccións de feira»

Esta instrucción, subliña o concelleiro do Bloque «se impuxo contra o criterio técnico e científico de parte do persoal coidador «. «Isto demostra, –insiste Xabier P. Igrexas- como o Goberno municipal de Abel Caballero insiste nun modelo exhibicionista para VigoZoo que trata os animais baixo custodia municipal como meras atraccións de feira».

Esixen aclaracións

Por iso, adiantou o tamén candidato á Alcaldía de Vigo, van dirixir este mesmo luns un escrito á concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, para que aclare se está instrución segue vixente. Ademais, o edil do Bloque reclamou de novo acceso completo á documentación e aos informes do Concello relacionada coa morte de 13 animais nos últimos tres anos en VigoZoo.

Modelo «cárcere-circo»

Igrexas reiterou que a aposta do BNG para facer de Vigo un referente no benestar animal é «incompatíbel con seguir insistindo no actual modelo de cárcere-circo» do Goberno municipal. Nese sentido, defendeu a necesidade dun «xiro de 180 graos» para avanzar cara a estratexia ZooXXI. A mesma, engadiu, pasa por transformar este espazo nun gran centro de conservación de fauna e de sensibilización ambiental.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.