Vigo al minuto

Denuncian «graves deficiencias» en 14 comedores escolares da Xunta en Vigo

Con «comidas frías, racións insuficientes e produtos en mal estado»

Con «comidas frías, racións insuficientes e produtos en mal estado»

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar «graves deficiencias» en 14 comedores escolares de Vigo dependentes da Xunta. Así, o BNG anunciou que presentará varias inciativas no Parlamento de Galicia no que se recollen os «centos de queixas» das familias e das ANPAS. Entre elas, subliñan, a baixa calidade alimentaria, con «comidas frías, racións insuficientes e produtos en mal estado» nestes comedores de xestión indirecta, que serven a 1.800 nenas e nenos da cidade.

Sen control algún

«A Xunta non está realizando ningún control sobre a comida destes comedores escolares», cuestionou a deputada do BNG Carmela González. Xunto co concelleiro e candidato á Alcaldía, Xabier P. Igrexas, reuniuse con representantes da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado (Foanpas).

A deputada lamentou que o Goberno galego estea ignorando as centos de queixas presentadas por nais e pais pola mala calidade da comida. «Non recibiron resposta a ningunha delas», criticou González. Así, pediu que se atendan as demandas das Anpas, que reclaman a xestión directa do servizo desde as cociñas dos CEIP Doutor Fleming e Ramón y Cajal para garantir unha «comida de calidade, proximidade e sostíbel».

Non se garanten as mínimas condicións alimentarias

No mesmo sentido, o concelleiro do BNG asegurou que «non podemos aturar que en comedores financiados con diñeiro público, non se garantan as mínimas condicións alimentarias». Por iso, chamou a unha revisión e modificación dos pregos de adxudicación deste servizo.

E a delegada da Xunta?

Igrexas preguntou «onde está» a delegada da Xunta , Marta Fernández-Tapias, a quen reprochou que durante os últimos anos «paseara por todos os colexios públicos da cidade para sacarse un sen número de selfies» pero non se poña á cabeza para atender estas denuncias das familias e esixir ao Goberno galego unha solución urxente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.