Cultura Vigo al minuto

A mocidade do Porriño mergúllase no mundo dos Podcast

Escolares dos centros de Primaria participan nos obradoiros organizados polo Concello

A mocidade do Porriño mergúllase no mundo dos Podcast

Escolares dos centros de Primaria participan nos obradoiros organizados polo Concello

Preto de 200 alumnas e alumnos de 4º da ESO participan estes días nos “Obradoiros de Podcast” organizados pola concellería de Educación do Concello do Porriño a través da OMIX.

Trátase de obradoiros totalmente prácticos e participativos que se están a desenvolver nos centros de Educación Primaria do Porriño impartidos polo actor de dobraxe e locutor Damián Alonso

Habilidades de linguaxe e comunicación

“Os podcast convertéronse nun recurso educativo de moito valor, xa que melloran a comprensión e a expresión oral, ademais de axudar a desenvolver habilidades da linguaxe e a comunicación”, apunta a concelleira, Carolina González, “Entre outras axudas educativas, estimula a imaxinación contando sen imaxes, reforza a aprendizaxe, potencia a comunicación, axuda na aprendizaxe e aumenta a motivación”.

Creación

Nesta actividade as mozas e mozos traballarán todo o proceso de creación dun podcast, dende a súa creación ata como se locuta , se grava e se publica. “A nosa mocidade ten ganas de seguir aprendendo, por iso debemos adaptar as nosas propostas e modernizalas para que se adapten ás súas necesidades”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.