Comarcas Vigo al minuto

Xabier Fortes, pregoeiro da Feira do Requeixo e do Mel das Neves

A cita chega a súa 30ª edición

Xabier Fortes, pregoeiro da Feira do Requeixo e do Mel das Neves

Celébrase o 7 e 8 de abril

Trinta anos con historia, da que foron protagonistas todas e todos os nevenses. Ese é o centro e o motivo deste 2023, e por iso, este ano, a presentación da ‘Feira do Requeixo e do Mel’ das Neves, estivo dirixida a elas e eles. Cambiou, así, a tradicional convocatoria aos medios de comunicación para que os cidadáns foran os primeiros en coñecer a programación desta ’30ª edición’, e tamén os primeiros en probar, reunidos na Casa da Xuventude, os produtos que vanse servir os vindeiros día 7 e 8 de abril.

Xabier Fortes será o pregoeiro

Como apuntou a concelleira de Cultura, Rocio Barreiro, haberá «importantes cambios» en relación coas celebracións e o programa dos anos pasados, así, o ‘showcooking‘, que tradicionalmente organizábase antes do inicio da feira, deixa paso ás «orixes do requeixo», con degustacións  e elaboración de pratos co mesmo.

Tamén ábrese unha ‘paréntese’, nos pregóns culinarios, que nos últimos anos tiñan como protagonistas a cociñeiros da sona de Pepe Solla, en 2017; Iván Domínguez, en 2019 ou Iñaki Bretal o pasado 2022, e o pregoeiro será, nesta ocasión, un comunicador, o xornalista de TVE Xabier Fortes.

Poesía, paixón, paisaxe e persoas

Estas son as catro verbas que definen o requeixo e o mel das Neves. O encargado de pronuncialas foi o presidente da Cooperativa Condado Paradanta, Alejandro Martínez, quen deu a benvida aos novos conversos aos excelentes produtos das Neves e tivo unha lembraza, emocionada, a «todas e todos os que nos precederon, que fixeron posible co seu legado que hoxe esteamos aquí».

Martínez agradeceu que a nova normativa europea permita, dende hai so uns días, que o Goberno galego recoñecese ao Requeixo das Neves como ‘Alimento Artesano de Galicia’, e asegurou que enlaza co eslogan Vive nas Neves, contribuindo a que, cada día, sexa máis atractivo vivir aquí.

«O Requeixo e o mel, xunto cos viños, nos levan polo mundo»

Pechou o acto de presentación o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, quen asegurou que «a feira do requeixo e do mel está no momento que lle corresponde». Lembrou que pasaron 32 anos dende que comezara, ainda que só poidemos celebrar 30 edicións, a causa da pandemia, e felicitou que a feira se celebre o venres santo, «foi un acerto de quen pensouno e hai que recoñecelo».

Por último, o alcalde amosouse satisfeito porque a decisión de engadir un día máis a feira o sábado, e trasladarla á Praza Maior, «deulle máis espazo, máis dignidade, mellorou a súa estética e a proxección duns produtos que, como o viño nos levan polo mundo, e iso é vivir nas Neves».

Actividades

As actividades deste ano, comezarán días antes da feira, concretamente, o domingo 2 de abril será a ‘Andaina do Requeixo e do Mel’, que rematará en Cerdeira onde haberá unha degustación de pratos elaborados con Requeixo amenizada pola da Banda de Música Popular de Rubiós. As prazas son limitadas e precísase inscrición previa.

O venres 7 abril marcará o comezo da feira co seguinte programa:
• 11:00 h. Apertura da Feira.
• 12:00 h. A Pontenova. Animación musical
• 12:30 h. Recepción na Casa do Concello.
• 13:00 h. Pregón a cargo do xornalista Xabier Fortes, presentador de La noche en 24 horas  de TVE.
• 15:30 h. Charanga Los Támega. Animación musical.
• 16:00 h. Taller infantil de elaboración de pratos con requeixo. Carpa da praza do Concello.
• 17:00 h a 20:00 h. Obradoiros de Cultura Urbana na Casa da Xuventude.
• 18:00 h. Taller de elaboración de pratos con requeixo para persoas adultas. Carpa da praza do Concello.
• 20:00 h. A Roda. Concerto na Praza Maior. Musigal
• 00:00 h. Música nova. Mel de meiga.

Os dous días da feira, estará habilitado un espazo infantil, na carta situada na Praza do Concello.

Sábado 8 abril
• 11:00 h. Apertura da Feira.
• 11:30 h. Cé orquestra pantasma. Animación musical.
• 12:00 h. Taller de elaboración de pratos con requeixo para persoas adultas. Carpa da Praza do Concello.
• 13:30 h. Vermú musical na Praza Maior. Chavellos.
• 16:00 h. Taller infantil de elaboración de pratos con requeixo. Carpa da Praza do Concello.
• 18:00 h. Caamaño e Ameixeiras. Concerto na Praza maior.
• 19:30 h. Clausura da Feira.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.