Destacados Vigo al minuto

Nova concentración para denunciar o peche parcial da Oficina de Servizos Sociais de Teis

O Concello non da resposta

Nova concentración para denunciar o peche parcial da Oficina de Servizos Sociais de Teis

O Concello non da resposta

A veciñanza de Teis, concentrouse está mañá, novamente, diante da oficina dos servizos sociais da parroquia, atendendo á convocatoria da Asociación Veciñal de Teis, o foro socio educativo » Os Ninguéns «, e a oficina dos dereitos Sociais de Coia, ODS Coia, para denunciar, outra vez, a falta de persoal desta oficina e o seu funcionamento ‘baixo mínimos’ desde hai  meses.

Así, dende finais do ano pasado, esta dependencia segue pechada media semana (xoves e venres) ao carecer de vaios profesionas (administrativo e bedel). Ademáis, este feito provoca que o resto da semana, a dúas traballadoras sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade. A maiores, a técnica de Inclusión, que atendía en Teis, ao  estar pechado os xoves e o venres, ten que derivar a veciñanza para o Concello.

Os afectados son as veciñas e veciños

Está situación provoca, subliñan os convocantes, «unha mingua dos servizos sociais en Teis, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais ( risga, axudas de emerxencia ou pensións non contributivas)»

Por iso, «dirixímonos ao longo destes meses a Concellaría de Servizos Sociais, denunciando está situación, sen recibir ningún tipo de solución até o de agora». É por iso que «hoxe, seguimos a esixir ao alcalde e a concelleira de Servizos Sociais «unha solución inmediata». A mesma pasa por «dotar a esta oficina de todo o persoal administrativo necesario e de aumentar as traballadoras sociais».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.