Vigo al minuto

O Servizo de Oncoloxía do Meixoeiro, pioneiro no tratamento de cancro de esófago

Fai a primeira intervención de braquiterapiade esófago de Galicia

O Servizo de Oncoloxía do Meixoeiro, pioneiro no tratamento de cancro de esófago

Fai a primeira intervención de braquiterapiade esófago de Galicia

A Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Meixoeiro ven de realizar a súa primeira intervención de braquiterapia de esófago, o que o  converte no primeiro hospital galego en realizar esta técnica en neoplasia de esófago.  Os especialistas fixeron público esta nova terapia fronte ao cancro con motivo do Día Internacional Contra o Cancro.

Simulación e planificación 3D

A realización deste procedemento foi posible grazas á colaboración dun equipo de profesionais multidisciplinar así como á nova dotación tecnolóxica, que incorpora numerosas novidades diagnósticas e terapéuticas, empregando un endoscopio desbotable de última xeración, así como innovadores sistemas de visualización, simulación e planificación 3D.

 “As características desta técnica de braquiterapia “intraluminal” fan posible que sexa un tratamento eficiente e con claros beneficios en tumores de esófago xa irradiados ou localizados de forma moi superficial, e tamén en pacientes que teñan contraindicadas outro tipo de terapias. Ademais, ofrece grandes vantaxes fronte a outros tratamentos, como a posibilidade de realizarse en poucas sesións, de 3 a 6 dependendo do caso, unha maior facilidade para administrar o tratamento de forma localizada, e unha eficacia situada entre o 60-100% de control da enfermidade”, explica o xefe da Unidade, o doutor Víctor Muñoz.

Equipo humano de excelencia

O equipo multidisciplinar que levou a cabo esta intervención componse de profesionais dun gran nivel de diferentes especialidades, polo que cómpre destacar a súa excelente coordinación e dispoñibilidade.

A endoscopista do servizo de Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro, a doutora Nereida Fernández, foi a encargada de dirixir a intervención, na que participaron  especialistas de Oncoloxía Radioterápica, Radiofísica e Neumoloxía, e que foi asistida polos equipos de Enfermaría de Dixestivo e de Oncoloxía Radioterápica así como por Técnicos superiores en Radioterapia.

Máxima precisión en medicina personalizada

A braquiterapia é un tipo de radioterapia interna na que se coloca unha fonte de material radioactivo directamente en contacto ou dentro do tumor a tratar. As vantaxes que ofrece esta técnica son numerosas, pois permite un maior control tumoral; é menos prexudicial para os órganos sans e non require hospitalización, polo que a calidade de vida do paciente apenas se ve afectada. En conclusión, é un tratamento personalizado e de máxima precisión.

Dende o ano 2000

A Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Meixoeiro comezou a empregar este tratamento no ano 2000 atendendo, nun primeiro momento, tumores xinecolóxicos e de mama, e ampliando progresivamente as posibilidades de tratamento a outras doenzas como cancro de próstata, pel e bronquios.

Anualmente atenden ao redor de 180 doentes, a maioría con cáncer de próstata ou  xinecolóxico, aos que se lles realizan unha media de 3 procedementos por paciente. Isto supón unhas 500 sesións anuais. Así, este tipo de procedementos sitúan á Unidade como referente en Galicia dende o ano 2010.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.