Destacados Vigo al minuto

Galaxia publicará ‘Síbaris’ o libro inédito de Domingo Villar

Unha obra de teatro que o autor deixou rematada por completo

Galaxia publicará 'Síbaris' o libro inédito de Domingo Villar

Unha obra de teatro que o autor deixou rematada por completo

Imaxe: Pablo Vázquez/A Editorial Galaxia publicará o 20 de setembro o libro inédito de Domingo Villar (Vigo, 1971-2022), “Síbaris”, unha obra de teatro que o autor vigués deixou rematada por completo. Trátase dunha peza dramática protagonizada por un escritor que vén de recibir o Nobel mais que se atopa nun bloqueo creativo dende hai ben de anos.

Co fino sentido do humor que Domingo Villar destilaba, desfilan pola obra as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria e que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias de todos aqueles e aquelas que se dedican a escribir. Trátase dunha reflexión aguda, cómica, ás veces despiadada mais sempre lúcida, arredor da literatura e todo o que a rodea.

Os seguidores do creador do detective Leo Caldas accederán aquí a un Domingo Villar poliédrico que era moito máis que un construtor de tramas policiais como xa quedara demostrado no delicado “Algúns contos completos” que a Editorial Galaxia publicou en 2021 e que tanto éxito de público e crítica alcanzou. Non existen dúbidas de que con esta achega ao mundo do teatro, Domingo Villar seguirá facendo o mesmo que fixo durante a súa corta mais fecunda vida: seducir lectoras e lectores para a literatura galega.

También te puede interesar